InicioA CORUÑAO Concello da Coruña establecerá unha mesa de diálogo social para regular...

O Concello da Coruña establecerá unha mesa de diálogo social para regular as vivendas de uso turístico

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña vai establecer unha mesa de diálogo social con todos os axentes implicados nas vivendas de uso turístico “este primeiro semestre do ano” para elaborar unha regulación específica do sector.

A rexedora explicou que “aínda que a regulación das vivendas de uso turístico corresponde á administración autonómica” e, por tanto, non precisa licenza municipal para abrir unha delas, o goberno local vai estudar ” a modificación da PXOM”, o plan xeral de ordenación municipal da cidade, co obxectivo de introducir unha regulación específica.

Rey fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa que ofreceu con posterioridade á Xunta de Goberno local para informar os asuntos tratados na mesma.

AXUDAS

Neste sentido, destacou a autorización dun investimento de 180.000 euros destinados a unha nova convocatoria de axudas de creación artística para “estimular a creatividade do talento local”. O importe máximo por persoa será de 10.000 euros.

A rexedora anunciou tamén a convocatoria de subvencións da área de benestar para asociacións veciñais (60.000 euros), para actividades de interese social en materia de igualdade (150.000 euros) e para entidades sociais sen ánimo de lucro (100.000 euros).

Noutra orde de asuntos, aprobouse o proxecto de reforma do antigo albergue da Institución Benéfica Padre Rubinos, cun orzamento de 752.000 euros, financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Así mesmo, confirmouse o acordo cos veciños afectados pola construción do Parque Ofimático –actual barrio de Xuxán–, quen recuperarán a titularidade das parcelas onde teñen situadas as súas vivendas. En concreto, trátase de tres familias.

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...