InicioOLEIROSLoli Silva presentada como candidata do PP en Oleiros

Loli Silva presentada como candidata do PP en Oleiros

Publicada o

Por europapress

Loli Silva presentou a súa candidatura para a alcaldía de Oleiros. A directora do IES de Santa Cruz, estivo apoiada polp presidente do PP da provincia da Coruña, Diego Calvo, que puxo en valor o seu “liderado” e “valentía”.
A candidata comprometeuse a escoitar e a chegar os “10.000 veciños que non adoitan acudir ás urnas nas municipais” e subliñou que Oleiros é un concello “cheo de oportunidades” no que “queda moito por facer en materia de accesos”.

No acto de presentación de Silva, Calvo referendou a aposta dos populares por unha persoa que “demostrou ser valente polo paso á fronte que deu, ter carácter e estar preparada” para liderar un proxecto no que, asegurou, puxeron “moitas esperanzas”.

Neste sentido, o presidente dos populares coruñeses insistiu na necesidade de que o seu partido se achegue aos veciños para “falar de Oleiros en positivo, para falar das oportunidades que se merecen e para falar de plans cos que este concello deixe de ser noticia sempre polos enfrontamentos”.

“É o momento de pór fin a un goberno local caduco, é o momento de pasar páxina, de presentar aos veciños un proxecto que ilusione, que trate a todo o mundo por igual e que deixe atrás o sectarismo ao que estamos adoitados”, reivindicou.

 

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete recibe o premio de Boas Prácticas da UNAD convertindo usuarios con adiccións en Axentes de Saúde

A Fundación Érguete-Integración vén de recibir o primeiro premio dentro do espazo de Boas...

Piden a revocación da DIA do Parque Eólico das Encrobas por “graves erros” na documentación

Coa mobilización do vindeiro 23 de abril xa no calendario, a comarca segue loitando...

  O vello asilo de anciáns reaparece na memoria da cidade

O edificio "Citania", propiedade de Vivienda Confort, na rúa Adelaida Muro, acadou nos últimos...

Incautados 235,60 Kg de ourizo

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou 235,60 Kg de ourizos...