InicioDEPORTESO Leyma Basquet Coruña supera a todo un Estudiantes e mira de...

O Leyma Basquet Coruña supera a todo un Estudiantes e mira de cara ao playoff

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Ambientazo espectacular no Pavillón polideportivo de Riazor para ver un dos grandes choques desta campaña. Un histórico da ACB como é o Estudiantes visitaba o, onte quente templo herculino, e sufría as consecuencias dun equipo que soubo pelexar e defender para sacar unha vitoria fundamental, nun dos seus mellores momentos da temporada (8 vitorias nos últimos 9 partidos).

A defensa foi a gran protagonista, deixando a un equipo como o madrileño (moi errático nos tiros) en apenas 66 puntos, e igualando ademais o basketaverage, pois na ida o equipo coruñés perdera por 8 puntos.

Unha vitoria moi coral, destacando a labor dun Lotanna Nwogbo chamado a grandes cousas, apoiado na pintura por un Atoumane Diagne, que segue dando pasos, xa afianzado como un dos 3 xogadores que seguen no equipo dende a temporada pasada. Claves foron os triples de Barrueta e as aparicións de Alex Font e Olle Lundqvist para manter os 10 puntos de vantaxe en practicamente todo o encontro.

Barrueta foi clave coas súas triplas

O equipo de Epifanio colócase 5º, 13 vitorias e 7 derrotas, polas 15-5 que ten agora Movistar Estudiantes na 3ª praza; e os 18-2 dos dous poderosos líderes, Zunder Palencia e Morabanc Andorra.
O equipo busca afianzarse entre os 9 primeiros para colarse nos playoffs de ascenso.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

O Berrallouco do Tsunami Naranja
O Berrallouco do Tsunami Naranja

O equipo brindoulle ademais un fermoso detalle ao Berrallouco. Gabriel Barreiro Veiga, o gran animador do @tsunaminaranja, cumplía anos, e o pavillón enteiro adicoulle un #cumpleañosfeliz a capela!

 

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

Un novo portal para tramitar dixitalmente os permisos para acceder ás zonas de baixas emisións da Mariña, O Parrote, Pescaría e Cidade Vella

Era unha reclamación veciñal dende había tempo, e por fin, poderán realizar os trámites...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here