InicioCULTURAOs medios en galego fixeron mover a lingua á rapazada

Os medios en galego fixeron mover a lingua á rapazada

Publicada o

Por editor

A Asociación de Medios en Galego, da que XdC forma parte, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, organizou este xoves un ministestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

Coas entradas esgotadas practicamente en dúas horas, a Sala Capitol acolleu un ambiente espectacular, no que se demostrou a conexión da rapazada coa música do país, feita na nosa lingua.

Grande Amore puxo a mover a lingua, e o esqueleto, ás 800 persoas que encheron a sala, cos seus ritmos electrónicos e as súas crúas letras. Ver á rapazada cantar a capela “esta pena que a veces teño” foi espectacular.

Ortiga, coa compañía de Cibrán García, sacou a verbena a rodar, convertindo en cumbias grandes mitos da música popular galega, mesmo baixando a cantar co seu entregado público.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here