InicioPOLÍTICAO Concello recorre a autorización da Xunta a unha planta de aceites...

O Concello recorre a autorización da Xunta a unha planta de aceites en Oza

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña presentou un recurso de alzada ao permiso dado pola Xunta de Galicia para unha planta de pretratamento de resiudos oleosos procedentes de buques por parte da empresa Limpoil para a súa instalación na dársena de Oza.

Así o informaron a Europa Press fontes municipais que precisaron que o fai despois de entender, en base aos criterios dos técnicos municipais, que “non cumpría os requisitos esixidos”. “O goberno local considera, ademais, que existen outras localizacións máis apropiadas para este tipo de actividades”, engadiron en relación ao citado proxecto.

De acordo coa descrición da instalación, a actividade principal de Limpeza Marítima de Óleos (Limpoil) sería a recollida, transporte, xestión e pretratamento de residuos xerados por buques. As instalacións estarían situadas na dársena de Oza, unha localización que, entre outras cuestións, rexeita no seu recurso de alzada o consistorio coruñés.

ÚLTIMAS

O litoral da Coruña permanecerá en aviso amarela por vento este fin de semana

O litoral da provincia da Coruña permanecerá este fin de semana en aviso amarelo...

FAVA reclama á Xunta unha fase de exposición pública do novo mapa do transporte metropolitano

Incide de novo na lamentable situación do transporte metropolitano a Federación de Asociacións Veciñais...

Absolta unha médica do Chuac condenada a cárcere por consultar o historial clínico dunha compañeira

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu unha médica do complexo hospitalario...