InicioSOCIEDADEA Xunta ofrece a súa colaboración ao Goberno para pór en marcha...

A Xunta ofrece a súa colaboración ao Goberno para pór en marcha a sede da AESIA na Coruña

Publicada o

Por europapress

A Xunta ofreceu a súa colaboración ao Goberno central para a posta en marcha da sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) na cidade da Coruña.

Este mércores, a directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, María Bobillo, participou nunha xornada celebrada en Madrid sobre a ‘Axenda España Dixital 2026’ na que tamén estivo o director xeral de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Salvador Estevan.

Alí, segundo recolle un comunicado, a representante do Goberno galego tendeu a man ao Executivo central para botar a andar a sede da AESIA na cidade herculina e incidiu na importancia de que as distintas administracións participen nos órganos de goberno desta axencia.

Bobillo defendeu na capital estatal que o desenvolvemento da intelixencia artificial debe asentarse sobre os alicerces da “ética” e a “fiabilidade”, para o que ha de contarse coas administracións autonómicas nos ámbitos que son da súa competencia, como a educación ou a sanidade.

Así, puxo o foco en avances logrados en Galicia ao longo da última década coa implantanción de novas tecnoloxías no ámbito educativo, sanitario ou xudicial, á vez que fixou como retos de futuro a xestión intelixente de datos, un dos obxectivos fixados na Estratexia Galicia Dixital 2030 elaborada pola Xunta. Neste sentido, enxalzou que Galicia sexa “unha do tres primeiras comunidades” de todo o Estado que dipsonen dunha “estratexia propia” de intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...