InicioA CORUÑAA Xunta destaca os avances na nova intermodal da Coruña a tres...

A Xunta destaca os avances na nova intermodal da Coruña a tres meses das municipais

Publicada o

Por europapress

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou o “salto cualitativo” nas obras da nova estación de autobuses da Coruña, dentro do proxecto da nova intermodal, co inicio das cimentacións. Fíxoo nunha visita á zona, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre.

Ethel Vázquez destacou os traballos que se están executando desde setembro e, en particular, o inicio das cimentacións de cara a levar a cabo un proxecto que definiu como unha “obra estratéxica” para A Coruña e que contará cun investimento de 40 millóns.

Con motivo desta visita, desde a Consellería resaltouse tamén que o Goberno galego está a actuar con “máxima dilixencia” para cumprir os compromisos coa intermodal da Coruña, na que a estación de autobuses será a primeira peza.

Desde o pasado 27 de setembro, trabállase na zona na preparación do terreo e a retirada de chans contaminados. Tamén se executaron as primeiras demolicións de distintas construcións qe ocupaban o espazo onde estará a estación de autobuses, que contará con 20 dársenas. “Unha infraestrutura planificada ao mesmo tempo que outras intermodais xa en servizo como Santiago e Ourense, pero sufríronse diferentes atrasos alleos á Xunta”, lamentou a conselleira.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...