InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAsí era a ría do Burgo hai máis de 2.000 anos nunha...

Así era a ría do Burgo hai máis de 2.000 anos nunha noite con superlúa de sangue

Publicada o

Por Xurxo Salgado

Estas secuencias de planos da escea 049POT “Braided river” no Neolítico, do libro A Coruña Eterna do proxecto Estación Visual A Coruña, representan unha das escenas que puideron ter lugar no entorno da Coruña hai máis de 2.000 anos.

Un grupo de individuos observa o fenómeno da chamada superlúa de sangue, a carón de dúas embarcacións no Neolítico final. Este grupo sinala o lugar onde se situará o extremo leste da futura Ponte da Pasaxe, na Ría do Burgo, máis de 2000 anos despois.

O entorno da ría do Burgo hai máis de 2000 anos nunha noite con superlúa de sangue nunha recreación do proxecto libro A Coruña Eterna do proxecto Estación Visual A Coruña

Este é un pequeño exemplo da documentación que transporta por medio das súas imaxes o proxecto da Estación Visual A Coruña, que presentou hai unhas semanas a reconstrución da cidade desde hai 350.000 anos, un proxecto que conseguiu sacar adiante grazas ás doazóns de multitude de persoas anónimas nun proxecto de crowdfunding. A secuencia aparecerá na web do proxecto actualmente en fase de actualización.

Posible embarcacións utilizadas no Neolítico Final nunha recreación de Estación Visual que representa o que era a Ría do Burgo hai máis de 2.000 anos

EMBARCACIÓNS ATOPADAS NO RÍO LIMIA

Nesta imaxe pódense apreciar as recreacións das embarcacións que se utilizaban nesa época. De feito, ata sete de este tipo de canoas foron atopadas nos últimos anos e  Portugal, a última no río Limia, a apenas un par de quilómetros río arriba de Viana do Castelo.

Segundo as datacións feitas con carbono-14, algunhas destas piraguas teñen máis de 2.000 anos. Outras foron usadas mesmo até a Idade Media. Destaca, ademais o seu extraordinario estado de conservación que non ten apenas precedentes no sur de Europa.  Unhas embarcacións que acreditan a importancia que a navegación tiña entre os galaicos do Neolítico Final e época castrexa en Galicia.

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

2 COMENTARIOS

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here