InicioECONOMÍADerrubada a cheminea de Meirama

Derrubada a cheminea de Meirama

Publicada o

Por europapress

Dous meses despois do derrubo da torre de refrixeración, esta mediodía (14:00h) de mércores 1 de marzo era derrubada a cheminea da que foi a central térmica de Meirama, en Cerceda. Un torre con máis de 40 anos de existencia, unha altura de 200 metros, un peso estimado de 8.983 toneladas e unha altura de 200 metros.


A demolición realizouse sen que se producise ningunha incidencia máis aló dun amplo rebumbio negro, que afectou a toda a contorna. Realizouse mediante voadura, “unha das técnicas máis eficientes para o desmantelamento de centrais, xa que minimiza os riscos para os traballadores, favorece a economía circular e contribúe a reducir o impacto ambiental”.

Para minimizar o po que podía provocar o colapso da cheminea, e que aínda así afectou bastante á zona, dispúxose un sistema de cortinas de auga circundando a construción. Unha vez realizada a voadura, os fragmentos de formigón son recolleitos a nivel do chan.

Tras a demolición de cheminea, estímase que se recuperarán, mediante reciclaxe, unhas 105 toneladas de ferro e 8.000 toneladas de formigón.

 

ÚLTIMAS

A Semana do Cinema Galego dá paso á Mostra Internacional de Cinema por Mulleres

Continúa a cidade acollendo iniciativas vinculadas co cine. Este domingo clausurábase a IV Semana...

S.O.S. Lugrís

O Concello da Coruña vén de facer público que os fermosos frescos que Urbano...

Evacuados unha muller e un menor ao declararse un incendio na súa vivenda en Arteixo

Unha muller e un menor tiveron que ser evacuados este domingo tras declararse un...

A Audiencia da Coruña xulga a un home acusado de agredir sexualmente a unha menor

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña xulgará este luns a un home...