InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAfectados pola vertedura de Repsol no Perú trasladan a catástrofe á pesca...

Afectados pola vertedura de Repsol no Perú trasladan a catástrofe á pesca coruñesa

Publicada o

Por editor

Este xoves, A Parva, o agarimosa cantina do mercado de San Agustín, recibía a presenza de representantes das comunidades afectadas polos derrames de petróleo que se produciron en xaneiro de 2022 no mar do Perú, dos que foi responsable Relapasaa, subsidiaria do Grupo Repsol.

Non escatimaron en adxectivos na súa conversa con varios representantes do sector local da pesca, denunciando que a vertedura, que afecta a 10.300 persoas empadroadas e máis as súas familias, chega afectar a unhas 51.500 persoas, directamente prexudicadas na súa actividade laboral e na súa vida.

“En Perú, a máis dun ano do derrame da empresa Repsol, seguimos a ter mareas tóxicas que acaban con todo e impiden a pesca, mesmo a día de hoxe”, alertou Zenón Gallegos Ferrel, pescador artesanal e presidente da Asociación Sindicato de Pescadores Artesanais do Porto de Chancay. Xunto con el conforma a comitiva en xira #RepsolHazteCargo, que leva percorrendo o país co apoio da asociación Entrepobos, o pescador artesanal e presidente da Asociación de pescadores artesanais do distrito de Aucallama (Apada) Luís Antonio Díaz Barroso e o sociólogo Alejandro Chirinos, experto na dinámica mariño-costeira, especialista en políticas públicas, xestión azul e conservación mariña e director executivo da ONG peruana CooperAcción.

”O impacto ambiental xerado abarca aproximadamente 11.600 hectáreas, comprendendo 48 praias e 2 áreas naturais protexidas: a Reserva Nacional Sistema de Illas, Illotes e Puntas Guaneras e a Zona Reservada de Ancón.” Segundo a Defensoría do Pobo de Perú, morreron preto de 900 especies animais. Entre elas, especies vulnerables ou en perigo de extinción, como o lobo mariño chusco e o zarcillo, o pingüín de Humboldt e a londra mariña.

“O que estamos a facer é tentar preservar a nosa forma de vida, o traballo que nos aprenderon os nosos pais e os nosos avós” manifestou Díaz Barroso. Na mesma liña, Alejandro Chirinos quixo poñer de relevo o papel das mulleres na sostibilidade da pesca artesanal peruana “a que máis emprego xera dentro do sector e a máis afectada polo derrame”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here