InicioSOCIEDADEDenuncian "falta de prazas" nas garderías da Coruña: "Eu non teño familia...

Denuncian “falta de prazas” nas garderías da Coruña: “Eu non teño familia preto da que poder tirar”

Publicada o

Por Carmen García

Unha nai da Coruña denuncia a falta de prazas nas garderías así como as dificultades para atopalas en función do mes de nacemento do seu fillo, nacido en novembro. “Os procesos de solicitude de praza ábrense no primeiro trimestre do ano, polo que os nenos nados a finais teñen moitas posibilidades de quedarse sin ela“, explica a afectada.

Acabo de ter ao meu segundo fillo, naceu en novembro e por iso ten menos dereito que un bebé do mesmo ano nado en xaneiro a poder atopar unha praza na gardaría”, di Rocío Ramos que denuncia que as prazas que se ofrecen non son suficientes. “En 15 días termino a miña baixa por maternidade, rascando un pouco máis entre lactación e vacacións alargou case 4 semanas máis, pero incorporareime e o meu bebe non chegará aos 5 meses”, suliña.
Ademais, Rocío destaca que non ten familia preto da que poder tirar e se pregunta que opcións ten; “deixar un soldo noutra persoa que coide ao fillo”, “deixar de traballar” ou “criar mal e traballar  mal”.  “Que pasa coas familias que non poden permitirse delegar”, conclúe.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

A Xunta de Persoal da Coruña denuncia a “pasividade” institucional ante agresións a sanitarios

A xunta de persoal da área Sanitaria da Coruña-Cee presentou un escrito ante o...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here