InicioCULTURA“A cidade amosada”, “o mapa dos afectos e as identidades” de Elga...

“A cidade amosada”, “o mapa dos afectos e as identidades” de Elga Fdez. Lamas

Publicada o

Por editor

A ilustradora Elga Fernández Lamas ten xa nas librarías o seu libro “A Coruña. A cidade asomada”, un traballo de artista que reúne 29 ilustracións orixinais e inéditas de edificios e espazos icónicos de A Coruña.

Editado por Edicións Embora, o libro ten 62 páxinas repletas de cores e estética pop. Do Pazo de María Pita (1904-1917) ao edificio da Terraza (construído en 1912 na Coruña e trasladado en 1920 a Sada), da vella imprenta Roel (1872) á Fabrica de Tabacos (1905-1910), da Torre de Hércules (s. XII) ao Centro Oceanográfico (1974), o libro reúne orixinais imaxes de edificios que aínda existen e doutros que xa desapareceron ou cambiaron a súa fisonomía.

No prólogo do libro, Xesús Fraga (Premio Nacional de Narrativa 2021) refírese ao traballo de Elga Fernández como “un mapa dos afectos e as identidades, unha guía sentimental para non perderse no pasado e saber regresar ao presente. A Coruña retratada nestas páxinas por Elga é a súa Coruña asomada. Pero tamén pode ser A Coruña ideal de cada un de nós. Elga apela tanto á nosa sensibilidade como á memoria e á fantasía”.

A presentación nun acto público deste traballo farase en abril próximo.

1 concello coruna ilustacion elga 6 Banco Pastor ilustracion elga

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here