InicioPOLÍTICAA candidatura socialista na Coruña para as municipais renóvase nun 40%, encabezada...

A candidatura socialista na Coruña para as municipais renóvase nun 40%, encabezada de novo por Inés Rey

Publicada o

Por europapress

A comisión executiva municipal dos socialistas coruñeses aprobou a proposta de candidatura de face ás eleccións municipais, encabezada de novo pola alcaldesa e secretaria xeral, Inés Rey, e cunha renovación do 40%.

Así se trasladará, segundo fontes socialistas, este martes á asemblea local para aprobarse, de forma definitiva, o 18 de marzo, no comité federal do PSOE. Inés Rey incorpora no seu equipo a novos perfís nos primerios postos da candidatura. Rey contará nos números dous e tres con José Manuel Lage Tuñas e Yoya Neira, actuais concelleiros de Hacienday Benestar Social, respectivamente.

As primeiras incorporacións á lista socialista prodúcense nos dous postos seguintes, coa incorporación do actual xefe de gabinete e coordinador xeneral municipal, Gonzalo Castro, no posto número catro. O número cinco ocuparao Nereida Canosa, vicedecana da Facultade de Terapia Ocupacional da UDC.

O actual concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz Gallego, sitúase no número seis da candidatura. Séguenlle dúas novas incorporacións con Noemí Díaz, enxeñeira e profesora de instituto no posto número sete, e Manuel Vázquez presidente da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña (AFAC), no número oito.

Nos números nove e dez sitúanse Diana Sobral e Juan Ignacio Borrego, actuais concelleiros de Mercados, Barrios e Turismo e Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, respectivamente.

ÚLTIMAS

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...

“Coidar non é indigno. É inxusto facelo sen dereitos”: Denuncian a falta de protección das coidadoras e traballadoras do fogar

O Seminario Internacional de Investigación Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques para...

O Concello da Coruña aproba o proxecto de reparcelamento do cuartel da Grela para albergar cocheiras

O Concello formalizou definitivamente o proxecto de reparcelamento da propiedade denominada Acuartelamento da Grela...

A artista herculino-muxiá Viki Rivadulla trae as súas Mouras á Normal

Coa ilusión de volver o seu berce, Viki Rivadulla leva a súa exposición "Onde...