InicioPOLÍTICAO Concello estuda a posible afectación a contratos tras a investigación a...

O Concello estuda a posible afectación a contratos tras a investigación a dirixentes do STL

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, explicou que o Concello está a solicitar “toda a información posible” sobre a investigación ao redor do catro membros do Sindicato de Limpeza (STL) investigados por corrupción entre particulares, estafa e branqueo de capitais.

“Mesmo solicitamos información ao xulgado”, destacou a rexedora a preguntas dos xornalistas sobre unha investigación que afecta o sindicato con representación entre os traballadores da concesionaria de limpeza na cidade. “Non nos consta nada oficial”, sinalou a rexedora para quen se trata de “ver todo aquilo que puidese afectar os contratos vixentes e sobre todo ao Concello”.

“Unha vez estudado ese asunto tomaremos as decisións pertinentes”, sentenciou. A causa está aberta no Xulgado de Instrución número 6 da cidade herculina. Este sindicato, que representa aos traballadores de limpeza na cidade, mantivo ao longo dos anos diversos conflitos laborais co consistorio coruñés.

ÚLTIMAS

A Coruña, capital do cinema de mulleres

A Coruña celebrará o I Mostra Internacional de 'Cinema por Mulleres' entre este mércores,...

Os garaxes de aluguer na Coruña, os máis caros de Galicia

O prezo dos garaxes en aluguer en Galicia situouse en 58 euros en 2022,...

Máis dun centenar de actividades arredor da mostra ‘Picasso branco no recordo azul’

A Xunta de Galicia desenvolverá máis de medio centenar de actividades paralelas á exposición...

Localizan en bo estado ao coruñés desaparecido desde o mes de febreiro

A Asociación SOS Desaparecidos informou este martes da localización do coruñés de 48 anos...