InicioSOCIEDADEA ANPA do Conservatorio de Culleredo denuncia que o alumnado "leva máis...

A ANPA do Conservatorio de Culleredo denuncia que o alumnado “leva máis de cinco meses” sen clases

Publicada o

Por editor

A ANPA do Conservatorio de Culleredo emitiu un comunicado no que “celebran” o anuncio do alcalde de Culleredo da contratación dun profesor de piano, pero pregúntalle o significado do termo “inminente” xa que o alumnado leva máis de cinco meses sen clases e pagando un servizo que non se lle presta.

“Levamos un curso agardando que o Concello solucione a falta de profesorado dos nosos fillos, sen que ninguén nos diga unha data para que se cubran as prazas”, sinalan fontes da ANPA. Así, rexeitan as acusacións de Rioboo de que se estaba a “politizar a protesta” pola proximidade das eleccións municipais. “Debería o alcalde lembrar cantas veces lle pedimos que resolvera a situación e deixouna pasar, agora di que non nos podemos concentrar porque politizamos, o que esiximos son solucións“, manifestan.

Finalmente, a ANPA insiste que a súa función é “defender un servizo público de calidade, pagado polos impostos da veciñanza de Culleredo” e que non van permitir o seu desmantelamento “porque os mozos e mozas de Culleredo merecen ter as mesmas oportunidades de formación que os que estudan noutros conservatorios da provincia”.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here