InicioPOLÍTICARey resalta a "aclamación" da súa candidatura fronte á impugnación dun grupo...

Rey resalta a “aclamación” da súa candidatura fronte á impugnación dun grupo de militantes

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, resaltou a “aclamación” da candidatura que encabeza para as eleccións municipais, ao ser preguntada pola impugnación da lista por parte dun grupo de militantes.

Cuestionada a este respecto polos xornalistas, manifestou que está “agradecida” á agrupación socialista coruñesa pola “aclamación” dunha candidatura, pendente de ratificar no comité federal.

Inés Rey insistiu en que encara esta etapa ata a celebración das eleccións municipais “con ganas de traballar na campaña”. “Cun equipo renovado e unido”, engadiu para incidr en que é co obxectivo de “seguir gobernando catro anos máis”.

Mentres, preguntada pola demanda do candidato da Marea Atlántica, Xan Xove, para participar nun debate sobre a política urbana, asegurou que estará en debates “onde se convide ao resto de candidatos” e co obxectivo de expor o seu “modelo de cidade”.

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 25 anos tras un atropelo na Coruña

Un mozo de 25 anos resultou ferido tras sufrir un atropelo grave na Coruña....

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...