InicioSUCESOSRexeitan rebaixar a pena a dous condenados por delito sexual por non...

Rexeitan rebaixar a pena a dous condenados por delito sexual por non favorecerlles a nova lei

Publicada o

Por europapress

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña rexeitou revisar dúas penas impostas a dous condenados — a once e a sete anos de cárcere, respectivamente– por delitos sexuais ao entender que a nova lei do ‘só si é si’ non é máis beneficiosa. En ambos os casos eran parella das vítimas, un feito que, tal e como explica o tribunal, a actual regulación considera agravante.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nun dos procedementos, solicitou a revisión un condenado a once anos de cárcere por cometer un delito continuado de abuso sexual sobre a súa parella, menor de idade, concorrendo a circunstancia agravante de discriminación por razón de xénero.

O tribunal destaca no auto que é “evidente que a regulación actual non é máis beneficiosa para o reo”. Así, indica que a pena a impor por ese delito, segundo a redacción vixente cando sucederon os feitos, oscilaría entre os 8 e os 12 anos de prisión.

No entanto, destaca que, ao tratarse dun delito continuado, coa circunstancia agravante de discriminación por razón de xénero, a pena mínima sería de once anos. Coa nova lei, segundo os maxistrados, ao ser a vítima parella do autor dos feitos e tratándose dun delito continuado agravado pola discriminación por razón de xénero, “a pena mínima a impor sería de 11 anos e 3 meses a 12 anos”.

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

Un boi de Culleredo pulveriza o récor da Central Agropecuaria de Galicia: 10.521 euros

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que se celebra en Silleda, bateu a súa...

O Encontro Galego de Ilustración enche A Coruña de creatividade

Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), celebra o Encontro...