InicioCULTURAO Club de Opinión Foro Cívico intégrase na A.C. Alexandre Bóveda

O Club de Opinión Foro Cívico intégrase na A.C. Alexandre Bóveda

Publicada o

Por editor

Dous entidades tremendamente activas como son o Foro Cívico e a A.C. Alexandre Bóveda veñen de unir forzas. O Club de Opinión do Foro, no que participa o noso Ricardo Vales intégrase na Asociación cultural mantendo o espírito co que o definía Manuel Rivas no manifesto fundacional de 1992: “Concordamos na creación dun Foro Cívico coa única pretensión de que esta iniciativa teña o xeito dunha tribuna de opinión pública, baseada no contraste e no diálogo, unha plataforma de expresión da pluralidade e das arelas futuristas, que contribúa á dinamización da sociedade civil”.

Afirman que as liñas de actuación serán a loita pola Reforma laboral e futuro das pensións, en defensa da Sanidade Pública, solicitar a reforma do Código Penal sobre os delitos de sedición e malversación ou o fomento da liberdade de expresión. Ademais realizarán accións para evitar a “desmemoria da escravitude na Coruña” ou para ordear o futuro dos peiraos do porto da Coruña.

Programa

Estas serán algunhas das actividades anunciadas para os próximos meses:

– 11 de abril, acto sobre Lei de Memoria Democrática e simboloxía franquista na Coruña, coa participación de Ana Romero, directora do Instituto José Cornide, que presentou un informe ao concello da Coruña para a eliminación de 14 rúas; Uxío Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC e Manuel Monge, que ten publicado traballos sobre os restos do franquismo na Coruña e Galiza. Será coordinado por Emilio Vega.

– Eleccións municipais de 28 de maio. Como xa fixemos noutras eleccións, ofreceríamos a nosa tribuna ás cabezas das candidaturas máis representativas para que expoñan o seu programa de goberno.

– Eleccións Xerais de decembro de 2023. Debate a celebrar no mes de novembro.

– Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade. Como xa fixera o Foro Cívico durante varios anos, que culminaría nunha cea de entrega do premio en decembro, arredor do Día Internacional dos Dereitos Humanos.

 

ÚLTIMAS

A única muller acusada no crime de Samuel Luiz inculpa ao seu exmozo e outros dous procesados

Catherine S.B., a única muller acusada polo crime de Samuel Luiz inculpou ao seu...

A RCP, o método para salvar vídas que toda a poboación debería saber

Debería ser obrigatoria en todas partes, colexios, clubs deportivos… E así o entende a...

Denuncian que o IES Adormideras da Coruña expulsou varios alumnos por facer folga o 11 de outubro

O Sindicato de Estudantes Galiza denunciou que o IES Plurilingüe Adormideras da Coruña expulsou...

Convocan unha Concentración nacional en Compostela contra os recortes no ensino

De seguro que ducias de familias da Costa da Morte se achegarán este vindeiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here