InicioA CORUÑAOlladas doutro tempo: Campo da Derruba

Olladas doutro tempo: Campo da Derruba

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

1880 é a data na que se tomou esta fotografía.
Se quixeramos acadar o mesmo punto de vista hoxe en día, teríamos que situarnos na praza de María Pita, nunha das esquinas da fachada do Pazo Municipal, na que está máis preto da Cidade Vella, e ollar cara á igrexa de San Jorge. O problema é que non poderíamos vela dende alí, xa que o propio edificio do Concello nos impediría a visión. Na foto non hay Pazo, nin sequera hay praza. Na imaxe non estamos en María Pita, senón no Campo da Derruba. Un espazo baleiro, sen urbanizar, sen pavimentar, e cheo de pedras amoreadas. Eran os restos da muralla da Cidade Alta, derrubada por Real Orden en 1840. Foi un derrubamento descontrolado, sen planificar, e a zona presentou un aspecto ruinoso durante décadas.

Coruña era unha cidade partida en dous. Por unha beira a Cidade Alta, ou Cidade Vella, como chamámoslle agora. Era o núcleo orixinal, o que tiña o estatus de Vila, e como tal estaba totalmente rodeada de muralla. Pola outra beira estaba a Pescadería -ou Pescadaría, ou Pescaría, segundo os documentos-, o cal era o arrabal mariñeiro, o primeiro barrio da cidade, sempre en relación co porto. Comezou a medrar, xa na Idade Media, por fóra das defensas que rodeaban a Cidade Alta e foise espallando polo itsmo de area ata se converter en meirande que a propia vila.

Entre estes dous núcleos urbanos existía un espazo baleiro, necesario segundo a normativa de seguridade militar. Por fóra das murallas non estaba permitido edificar a menos da distancia dun disparo de canón ou dous disparos de arcabuz. Isto evitaba que, no caso de asedio, os inimigos non se puideran aproveitar de edificios cercanos ás murallas para atacalas. Nese espazo acabarían os restos das propias murallas, en moreas, na zona que partía a cidade en dous. Esta zona que separaba, acabaría unindo. A praza de María Pita fai de nexo entre os dous barrios históricos, converténdose no centro da cidade en tódolos sentidos.

Na imaxe, vemos á esquerda a cúpula de San Nicolás. Case baixo ésta apreciamos o inicio da rúa Florida. E diante dela, atravesa un camiño arbolado, de terra, que continúa pola costa de San Agustín, onde un valado de madeira protexe das caídas á canteira. Nese soar, anos despois, erguerase o Pazo Municipal. No centro da imaxe recoñecemos a igrexa de San Jorge, destacando ó seu carón un edificio branco, voluminoso, que desapareceu no ano 1927, deixando atrás moita historia. Foi colexio para os xesuitas, foi convento para os agustinos, e no momento da fotografía era a sede do Concello.

O fotógrafo é Valentín Mendía. A súa cámara captou algunhas das máis fermosas imaxes da nosa cidade. Non quedaremos sen velas.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

Olladas doutro tempo

ÚLTIMAS

“Moito beneficio, o noso sacrificio”, decenas de traballadores do sector financeiro protestan para reclamar mellores condicións laborais

A Federación de Servizos de Comisións Obreiras (CC.OO.) mobilizouse este xoves na Coruña para...

A Xustiza filipina aprecia probas contra os policías acusados de Diego bello e rexeita arquivar o caso

Xustiza filipina rexeitou arquivar o caso pola morte do coruñés Diego Bello, ocorrida o...

A AMEGA achegou a realidade dos Medios en Galego ao alumnado de Ciencias da Comunicación da UD

Interesante xornada de reflexión sobre o panorama actual dos medios de comunicación acollía esta...

Obdulia Taboadela encabezará finalmente a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou esta pasada tarde de mércores 14...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here