InicioECONOMÍAA Xunta e Cámara de Comercio impulsan un programa para fomentar o...

A Xunta e Cámara de Comercio impulsan un programa para fomentar o emprendemento nos mozos

Publicada o

Por europapress

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Cámara de Comercio da Coruña colaborarán nunha nova edición, a segunda, de ‘Eduinspira’. Trátase dun programa que busca dar a coñecer ao alumnado as vantaxes do emprendemento e as posibilidades que a FP ofrece para a posta en marcha de proxectos ou a creación dun negocio como ferramenta de emprego.

Na presentación, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, resaltou a importancia da cultura do emprendemento, ao referirse a unha iniciativa que se desenvolverá en 21 centros de ensino, onde os estudantes coñecerán a experiencia de persoas emprendedoras.

No acto de inauguración, no Centro Integrado de Formación Profesional de Someso, o conselleiro estivo acompañado polo presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, e o presidente e cofundador da consultora tecnóloxica Altia, Tino Fernández, relatora na xornada.

A finalidade desta iniciativa “educativa e formativa”, segundo explicou o conselleiro, é inspirar aos alumnos con historias de éxito empresarial para fomentar unha cultura emprendedora. “Facer evidente que é posible desenvolver as ideas e os proxectos con traballo, con ilusión e con motivación”, puntualizou.

Pola súa banda, o presidente do organismo cameral sinalou que “desde hai algúns anos o financiamento non é precisamente un problema para as empresas“. “A un empresario non lle falta diñeiro cando presenta un bo proxecto”, asegurou.

Respecto da xornada, Tino Fernández destacou que o obxectivo do seu relatorio é transmitir que o emprendemento é “posible para todos”. “Non é necesario ser fillo de empresarios nin empezar con moito capital, a vida está chea de grandes historias que empezaron de cero”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O PP aberto a falar dos orzamentos municipais fronte a un BNG que descarta pactos

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ofreceu...

Abre o prazo para as Escolas Deportivas Municipais e as actividades socioculturais dos centros cívicos

Comeza o mes de setembro e as Actividades deportivas O Concello abre este martes, día 1,...

O BNG pide melloras urxentes para a seguridade ferroviaria en zonas costeiras da Coruña

O BNG demandou ao Goberno do Estado que execute con carácter urxente as actuacións...

A Xunta somete a información pública a obra dun poliducto para a descarga de cru de Repsol en Punta Langosteira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes o trámite de información pública...