InicioECONOMÍAO presidente da Cámara de Comercio pide asignar "canto antes" os fondos...

O presidente da Cámara de Comercio pide asignar “canto antes” os fondos europeos

Publicada o

Por europapress

O presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, instou a que os fondos europeos se asignen “canto antes” para pór en marcha “proxectos importantísimos con grandes investimentos”.

Fíxoo ao ser preguntado pola oferta de Resonac Graphite Spain para a antiga Alu Ibérica na Coruña co obxectivo de adquirir a totalidade do chan onde está a fábrica. “Espero que existan facilidades e ese proxecto poida saír adiante“, sinalou Couceiro, quen precisou que “non só” para Resonac.

Así, manifestou que existen “grandes proxectos moi ligados á economía circular e a enerxías alternativas moi orientadas algunhas á implantación no novo porto exterior da Coruña que van representar un impulso importantísimo dos investimentos industriais”.

Neste sentido, fixo alusión aos fondos europeos que as empresas poderían aproveitar para pór en marcha estes proxectos e mostrou a súa preocupación pola “velocidade” na súa asignación. “Do que se trata é que se asignen canto antes”, recalcou.

O presidente da Cámara de Comercio da Coruña fixo estas declaracións tras a presentación da segunda edición do programa EduInspira nun acto xunto coa o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.

ÚLTIMAS

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

Olladas doutro tempo: Panorámicas e Vidros

Os Castros sempre foi un mirador privilexiado, con certa altura e un ángulo grande...

O Muncyt recibe máis de 55.000 vistas anuais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a sede coruñesa do Museo...

Xulgan a un home acusado de formar parte dun grupo que roubaba vivendas en Oleiros, Bergondo, Sada e Sanxenxo

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 3, 4, 5 e...