InicioA CORUÑAIlusión entre @s praceir@s na apertura do Mercado provisional de Monte Alto

Ilusión entre @s praceir@s na apertura do Mercado provisional de Monte Alto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tras 3 semanas e media sen poder traballar, as praceiras do Mercado de Monte Alto estrearon as novas instalacións erixidas na Praza Indalecio Prieto. A imponente carpa de 850.000€ acolllerá durante, polo menos, 26 meses, a Praza de Abastos do barrio, mentres se desenvolven as obras do proxecto de reforma da praza.

Esta mañá, o Mercado era un fervedoiro. O interese por ver o novo mercado, así como a visita da comitiva municipal e un colectivo con diversidade funcional da zona, facían tanto os postos como a cantina estivesen a tope.

A alcaldesa e os seus concelleiros falando co posto de froita de Boedo
A alcaldesa e os seus concelleiros falando co posto de froita de Boedo

As praceiras recibían cun clavel da Floristería Fran, e unha bolsa de rafia da Federación Galega de Praza de Abastos a cada cliente.

A meirande parte das praceiras recoñecían estar contentas coas cómodas instalacións, e ilusionadas e esperanzadas con manter a xente de sempre e ter novos clientes.
Ben é certo que a propia zona da praza onde se ubican as oficinas de Urbanismo é unha zona residencia de xente algo máis nova que no corazón de Monte Alto, en Hércules, e que moitos dos residentes non poderán acodir ao mercado os días de semana. Así e todo, esperan que xentes de Orillamar, Avda. Navarra, Santo Tomás… se vaian sumando á clientela de toda a vida.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here