InicioA CORUÑAOs Premios María Casares entréganse este xoves na Coruña

Os Premios María Casares entréganse este xoves na Coruña

Publicada o

Por europapress

Un total de 15 espectáculos compiten en calidade de finalistas nos XXVII Premios María Casares, uns galardóns que se entregarán este xoves, día 30, na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, cunha homenaxe a “oficios invisibles” e a distintos xéneros escénicos. Unha gala que se poderá ver en streaming pola canle de youtube da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Nesta edición, o certame inclúe dúas novas categorías, un total de 16, xa que engade un premio á dirección de movemento e outro ao espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. A inclusión de novas categorías a gala pretende reivindicar “figuras, persoas, oficios e xéneros teatrais que normalmente non están nas primeiras filas”. “Os mal chamados xéneros menores, o cabaret, o circo, a danza e mesmo os monólogos e a improvisación”.

FINALISTAS

Entre os finalistas atópanse ‘Ás oito dá tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego, que aspira a nove premios, igual que a obra ‘As que limpan’, da compañía A Panadaría.

‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, concorre por seis galardoes, como ‘Ou porco de pé’, de Podrucións Teatrais Excéntricas. ‘Continente María’, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, opta a cinco.

A gala, que será emitida en directo a partir das 20,30 horas a través da canle de Youtube dos premios, contará cun elenco formado por Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Arturo Cobas, Johanna Hesse e Álvaro Fitinho, entre outros.

Durante o evento, Cloti Vaello recollerá o galardón de Honra Marisa Soto e Clara Gayo lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

ÚLTIMAS

“O Sergas non cumpre coas Enfermeiras”

"As Enfermeiras de Galicia estamos fartas de soportar ano tras ano os abusos da...

Descubrindo a riqueza da toponimia da Agra do Orzán

Este pasado sábado tivo lugar a terceira e última das rutas guiadas no marco...

Seis detidos por estafar a anciáns con produtos de supostas propiedades curativas

A Garda Civil de Arteixo detivo a seis responsables de empresas dedicadas á venda...

A poeta Luz Fandiño e a cooperativa A Morada, premio ‘Begoña Caamaño’ da Deputación da Coruña

A poeta Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañaron o premio 'Begoña Caamaño'...