InicioCULTURACritican que os Qr da ruta Picasso non funcionan

Critican que os Qr da ruta Picasso non funcionan

Publicada o

Por editor

“Información non dispoñible. Sentímolo, pero esta información non está activa neste momento”. Esta é  a resposta que se pode obter se unha persoa quere activar os códigos QR da ruta Picasso existentes na nosa cidade.

Así o comprobaron esta mañá, durante un paseo pola Rúa Real, Avia Veira e Mercedes Queixas –números 2 e 3 da candidatura do BNG nas eleccións do vindeiro 28 de maio. “A ruta Picasso está desactivada. Temos un Goberno Local totalmente desactivado”, ironizaba Queixas.

 

Así as cousas, Avia Veira anuncia que o Bloque vai rexistrar iniciativas no Concello para “coñecer por que está a acontecer isto, por que están desactivados os códigos QR, por que non se pode acceder á información da ruta Picasso na rede”.

Critica Veira que xusto no 50 cabodano de Picasso non estea a funcionar correctamente unha aplicación que xa se estreou hai anos nas rúas da cidade ligadas á historia do xenio. “É triste que, por exemplo, no mesmo local onde Picasso fixo a súa primeira exposición –foi en 1895, no número 20 da Rúa Real- pois non podamos acceder á información que dá conta dun episodio tan simbólico na vida do artista”, di Veira.

ÚLTIMAS

Cae unha banda que asaltaba gasolineiras e negocios na Coruña con machetes, mazas e patas de cabra

A Garda Civil desarticulou, no marco da operación Patipol, un grupo criminal moi activo...

Os Mallos, epicentro dun operativo contra a trata para explotación sexual

Varias persoas foron detidas este martes na Coruña no marco dun operativo en distintas...

Cando envellecemos a distintas velocidades

Un barrio con necesidades sen cubrir: o Barrio das Flores afronta o seu 60.º...

A poesía da Serea de Diana Varela Puñal segue conquistando os barrios da Coruña

A viva Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano acolleu un novo #LunsdeEncontros. O ciclo organizado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here