InicioSOCIEDADE“O emprego das persoas con discapacidade non debe ser un negocio”

“O emprego das persoas con discapacidade non debe ser un negocio”

Publicada o

Por editor

A trama do lixo segue traendo posicións encontradas. A última a da Cegasal, Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ánimo de Lucro, entidade que deixa claro que “o emprego das persoas con discapacidade non debe ser un negocio”. Se ben ten clara que as entidades deben ser rendibles, entende neste caso a rendibilidade como “o selo para garantir o seu futuro, senón que estes dividendos non acaban no peto de ninguén”. .

A entidade quere poñer o foco na importancia de que “as empresas que empreguen a persoas con discapacidade a condición de que non teñan ánimo de lucro”. E por iso, consideran “preocupante a proliferación nos últimos anos de centros que si teñen como obxectivo principal a obtención de ganancias económicas, impulsados por responsables máis preocupados polas subvencións públicas que por ofrecer unha saída laboral a persoas que se atopan con enormes dificultades para acceder ao mercado laboral”.

A entidade critica tamén á posición da Xunta e lamenta que “as empresas con ánimo de lucro que se amparan na economía social teñan apoio institucional, non só coa presenza de altos cargos do Goberno galego nos seus eventos, senón na repartición de fondos público. Non é de recibo que a Consellería de Emprego e Igualdade teña na mesma consideración aos centros con ánimo de lucro que aos de iniciativa social”. “Non cuestionamos a súa legalidade, xa que a actual lexislación ampáraas, pero si a súa ética”, sentenza dende a entidade.

Piden ademais aos Concellos como neste caso o da Coruña, que “sexan máis rigorosos á hora de realizar as adxudicacións dos contratos de servizos. Non se pode permitir que nos pregos de contratación se nomee aos centros especiais de emprego sen especificar claramente que sexan de iniciativa social”.

Así, conclúen solicitando a través do Foro pola Economía Social Galega, que “os centros CON ÁNIMO DE LUCRO non sexan considerados economía social”.

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

A Policía Local de Culleredo investiga varias verteduras ilegais na instalación municipal ‘A Garrocha’

A Policía Local de Culleredo investiga varias verteduras ilegais realizadas na instalación municipal 'A...

Persoal do comercio esixe á patronal da Coruña un acordo marco que blinde convenios provinciais

Continúan as mobilizacións das traballadoras e traballadores do comercio. Onte, no marco da súa...

A alcaldesa da Coruña presenta ás entidades veciñais a nova edición dos Orzamentos Participativos 2026-2027

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo un encontro coas entidades veciñais da cidade...

“O mar como xerador de cultura, de costumes e tradicións”, esencia do Festival Mar de Mares 2026

O Festival Mar de Mares celebrará en xuño na Coruña o seu XIII edición...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here