InicioA CORUÑAAxenda para pasar a Semana Santa en familia

Axenda para pasar a Semana Santa en familia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Moi completa se presenta esta Semana Santa na cidade herculina, con variedade de actividades e moitas cousas para facer en familia.

Castro de Elviña

Xa está aberto o prazo de inscrición nas visitas guiadas ao Castro de Elviña que terán lugar esta fin de semana, o sábado 8 e o domingo 9, ás 12.00 horas. A oferta dispoñible é de 25 prazas para cada quenda, e as solicitudes de praza para gozar desta actividade divulgativa, que se levará a cabo como un percorrido histórico-patrimonial polo xacemento, poden tramitarse a través do número de teléfono 981 189 850.

Os Museos Científicos Coruñeses, abertos toda a Semana Santa

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán todos os días da Semana Santa, de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e a Domus.

No caso da Casa das Ciencias, continúa a mostra ‘A través do James Webb’, que abrangue unha espectacular colección de imaxes do universo recollidas polo telescopio espacial James Webb.
Por outra banda, ata o luns 10 de abril haberá catro sesións diarias de planetario:

  • 11.30: ‘Dinosauros’ (en galego).
  • 13.00: ‘La niña que sabía caminar al revés’ (en castelán).
  • 17.00: ‘Polaris’ (en galego).
  • 18.00: ‘La noche es necesaria’ (en castelán).

Ademais, a Domus abrirá as súas portas para ofrecer numerosas experiencias interactivas vencelladas coa nutrición e a evolución humana, ademais do novo módulo do parto.

A maiores, no Aquarium Finisterrae poderase asistir a diario, ás 12.00 e 17.00 horas, aos traballos de alimentación das focas, nas piscinas exteriores. O público tamén poderá descubrir as máis de 300 especies que viven nos tanques do acuario, ademais de deleitarse coas exposicións ‘Cru: memoria do Mar Exeo’ e ‘Avistamentos atlánticos’.

Exposicións culturais no Quiosco Alfonso e o Palexco

Imaxe da inauguración da exposición En Pretérito
Imaxe da inauguración da exposición En Pretérito Seguinte

No Quiosco Alfonso, e ata o vindeiro día 28 de maio, a mostra ‘En Pretérito Seguinte’ compila a mellor selección de arte contemporánea a través das obras de seis artistas coruñeses: Correa Corredoira, Lara Pintos, Manuel Suárez, Mico Rabuñal, Pilar Cancio e Samuel Castro.

Imaxe da inauguración da exposición ‘Villalobo. O vento comezou de novo’,
Imaxe da inauguración da exposición ‘Villalobo. O vento comezou de novo’,

Mentres, na sala municipal de exposicións do Palexco, e ata o día 21 de maio, a exposición ‘Villalobo. O vento comezou de novo’, do cubano Nelson Villalobo, réndelle homenaxe a Pablo Picasso e á súa influencia artística. Villalobo é un pintor de influencias que representa nas súas obras moitos elementos aparentemente inconexos que nunca deixan indiferentes pola súa cor e simboloxía.

Museo de Belas Artes

O Museo de Belas Artes acolle varios Obradoiros sobre Picasso os días 15, 22 e 29 de abril para nenos e nenas de 4 a 10 anos.

Procesións

Se cadra vos topastes coas procesións do Domingo de Ramos. Son 13 en total as procesións que organiza a Xunta de Confrarías.

Procesions Semana Santa Coruna 2023

ÚLTIMAS

Cortada a Terceira Ronda tras afectar o forte vento á estabilidade dun sinal

O Concello da Coruña cortou, este mércores pasadas as 17:00h, a Terceira Ronda por...

O aluguer na Coruña baixou un 10% coa declaración de Zona Tensionada, segundo o concello

O goberno local da Coruña destacou "a baixada do 10%" do prezo medio do...

Alvedro tamén sofre o impacto do temporal: un voo regresa a Madrid e outro desvíase por vento e choiva

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O conflito no programa de Lecer dá outro salto pero segue no aire e o profesorado convoca unha cacerolada

Non se dá resolto o problema laboral do profesorado do Programa de Lecer, nin...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here