InicioPOLÍTICAO BNG reclama ao Goberno adiantar as indemnizacións aos extraballadores de Alu...

O BNG reclama ao Goberno adiantar as indemnizacións aos extraballadores de Alu Ibérica

Publicada o

Por europapress

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso nas que reclama ao Goberno que realice as xestións necesarias para que o Fondo de Garantía Social (Fogasa) adiante o pago, de maneira inmediata, das indemnizacións aos extraballadores de Alu Ibérica da Coruña e Avilés.

En concreto, esixe solucións “a estas xustas demandas dos traballadores e establecer as condicións necesarias para que continúe a actividade industrial e a recolocación dos traballadores e traballadoras nas novas actividades”.

Nun comunicado, lembra que “tras dez meses do despedimento dos traballadores e traballadoras de Alu Ibérica” e despois de varias iniciativas do BNG, Fogasa “continúa sen asumir o adianto do pago a pesar de que despois podería repercutir contra a entidade responsable”. A petición fíxose público no día previo a unha nova xornada de mobilización convocada para este xoves polo expersonal da fábrica coruñesa.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

A veciñanza de Celas pregunta pola súa senda peonil

Despois das 400 sinaturas presentadas pola veciñanza de Celas en Culleredo, para pedir melloras...