InicioBARRIOS37 pintores da cidade abren este sábado as súas portas nas xornadas...

37 pintores da cidade abren este sábado as súas portas nas xornadas “Estudos Abertos”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

—–

Ver os estudios por dentro, ver como traballan os nosos artistas, poder ver as súas últimas obras, e poder comprar directamente sen intermediarios. Interesantísima a xornada “Estudios Abertos” que artellan 37 artistas da cidade da Coruña en colaboración co Concello. Este sábado 15 de abril, de 11:00h a 20:00h abrirán as portas dos seus espazos de traballo.

Escultura, pintura, fotografía, ilustración, debuxo, cerámica e multidisciplinar. Hai de todo na cidade, e todos, como Daniel Remeseiro, traballan esta semana a contrarreloxo para preparar as exposicións, e obradoiros. Precisamente, no estudio de Remeseiro, un dos grandes da zona de Monte Alto, conflúen 6 artistas (Brais Remeseiro, Ana Barranco, Fernando Páez, Ignacio Pardo e J.R. Estévez, ademais de Daniel) que ofrecen gran exposición dun grupo de artistas “da retagarda máis que da vangarda”, ironiza.

Yo nosotros exposicion Remseiro

Os participantes

Os estudos participantes serán: Ali Ali (pintura), Alfonso Deus (pintura), Carlota Bueno Hermida (pintura), Carmen Soriano Pereda (escultura, pintura e cerámica), Chelo Facal Casado (pintura e escultura), Daniel Remeseiro Rodríguez (multidisciplinar), Diego Avendaño (multidisciplinar), Edgar Ortiz (pintura e fotografía), Emile Gireau (escultura), Fernando Blanco Guerra (pintura e escultura), Giovani Ramírez (pintura e escultura), O Raposo Púrpura (pintura e escultura), Jano Muñoz (pintura), José Méndez (escultura), Juan Mirando (pintura e escultura), Julia Ares Iglesias (multidisciplinar), Laureano Vidal (pintura), Lidia Carrión (debuxo e pintura), Luis Mazorra e Bego Tojo (pintura e escultura), STOLAT (multidisciplinar, pintura e música), Manuel Suárez (pintura), Cillas Rodríguez (multidisciplinar), María Gisela Galván (pintura e multidisciplinar), Luisa Valdés Aguirre (pintura), María Xesús Díaz (pintura), Marta Pardo de Vera (pintura), Ese Sitio (ilustración), Noemí Penela (pintura), Xermán Rodríguez (escultura), Óscar Cabana (pintura), Pedro Bueno Salto (pintura e cerámica), Pilar Fandiño (pintura), Ramón Astray (pintura), Raúl Álvarez (pintura), Román Romeral (pintura), Simone Maestra (pintura), Vítor Mejuto (pintura) e Vítor Rodríguez (pintura).

 

ÚLTIMAS

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña pide frear os desafiuzamentos e “acabar coa especulación”

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña urxe paralizar os desafiuzamentos e "acabar...

Á rúa por unha reforma integral no CEIP Cidade Vella

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

A Coruña acollerá do 4 ao 19 de novembro unha nova edición do festival de cultura accesible Festigual

A cidade da Coruña acollerá do 4 ao 19 de novembro unha nova edición...

A Coruña reclama á Xunta 3,6 millóns para vivenda tras ser declarada mercado tensionado

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar á Xunta que xestione os fondos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here