InicioCAMBREMáis de 8.000 bocadillos cardiosaudables para a Festa do Pan de Carral

Máis de 8.000 bocadillos cardiosaudables para a Festa do Pan de Carral

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Carral prepárase para vivir a Festa do Pan máis longa da súa historia. A XIX edición, que terá lugar entre o 13 e o 16 de maio, ofrecerá a veciños e foráneos catro días de actividade arredor do produto estrela do municipio: o pan.
O evento está organizado polo Concello en colaboración coas panadarías que conforman a Asociación de Panadeiros de Carral: Panadería Bonome Bouzas, Panadería Manuel Rodríguez e Hijos, Panadería O Pincho, Panadería Pedro Fernández, Panadería Da Cunha, Panadería Mercedes, Panadería Paraíso e Panadería Insua.

Un dos pratos fortes será a venda dos xa clásicos bocadillos cardiosaudables, e a organización espera superar os 8.000 vendidos o ano pasado

A programación deste ano desenvolverase o sábado, 13 de maio, e o domingo, día 14, ofrecendo ao público asistente actividades como as seguintes: feira medieval, obradoiros de elaboración de pan para os nenos e nenas, talleres de olaría e representacións teatrais. Eses días, as actividades rematarán coas actuacións das orquestras Fuego e A banda de ayer (sábado, 13 de maio a partir das 21.00 horas) e Miramar (domingo, 14 de maio, a partir das 20.00 horas).

A IXI edición alongará o calendario, prolongándose tamén durante as xornadas do luns, 15 de maio, e do martes, día 16. Por unha banda, o luns terá lugar o Pequepan (a partir das 18.00 horas). A cita incluirá o espectáculo MeRe-cidamente de clown e o concerto de Chuches Amil.
Ao día seguinte será a quenda de Xovepan (desde as 20.00 horas). Ao longo da tarde venderanse bolos preñados elaborados polos panadeiros do municipio, haberá unha actuación da charanga Santa Compaña e da Escola Municipal de Música de Carral e, por último, unha sesión de noite cos grupos Bomba e New York.

CARTEL CARRAL- Festa do Pan

 

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here