InicioCULTURAA Rede Cultural 2023 espalla o talento galego con 1.220 espectáculos

A Rede Cultural 2023 espalla o talento galego con 1.220 espectáculos

Publicada o

Por editor

Dá cifras hoxe a Deputación da Coruña do programa da Rede Cultural 2023. Unha iniciativa xa fundamental para o panorama cultural galego, que permite que tanto organizadores e eventos como grupos e compañías culturais unan camiños. 

O funcionamento da Rede comeza a comezo de curso coa inscrición de grupos, bandas, artistas e compañías. Unha vez co catálogo, cada Asociación Cultural ou Concello de turno, escollen @s artistas ideais para a súa festa, a súa mostra de teatro ou os seus ciclos audiovisuais, permitindo así facer un calendario de eventos con sabor galego por todo o país.

Así, durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 a Rede Cultural subvenciona (entre un 75% para os Concellos máis pequenos e un 30% para os grandes), con 1,5 millóns de euros, un total de 1220 espectáculos, que chegarán a 91 concellos da provincia.

De feito xa podes ollas as citas que traerá a Rede ao teu concello nas web da Deputación.

Na Coruña serán máis de 100 os espectáculos desenvoltos gracias ao circuito. Por exemplo na Costa da Morte, serán 67 os espectáculos desenvoltos, nunha zona onde os Concellos de Muros e Corcubión foron os máis activos solicitando máis actuacións, e nas que sorprende que haia concellos como Carnota, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos ou Santa Comba nos que non haia ningunha solicitude nun por parte do Concello nin das entidades.

O circuito inclúe estas liñas:

  • Escena ao vivo’, programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos: 860 espectáculos (491 de teatro, 257 concertos, 85 de maxia e 27 de danza).
  • ‘Visións’, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 81 filmes.
  • ‘Lingua a escena’, programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega:  149 actuacións.
  • ‘Alicerce’, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 131.

Grandes e pequenos

En clave musiqueira, a Rede Cultural 2023 inclúe concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Vacas, Roi Casal,  Cristian Leggiero & Paty Lesta, Mercedes Peón, Festicultores, Fillas de Cassandra ou Familia Caamagno.

En clave teatral haberá espectáculos de obras teatrais e monólogos de Chévere, Talía Teatro, Mofa & Befa, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Mago Antón ou as AldaoLado.

Ampla é tamén a oferta para as crianzas, cunha oferta na que se inclúen Caramuxo Teatro, Magín Blanco, Mamá Cabra, Pakolas, Fantoches Baj ou Polo Correo do Vento.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here