InicioCULTURAO Poetry Slam Carral 2023 segue buscando finalistas

O Poetry Slam Carral 2023 segue buscando finalistas

Publicada o

Por editor

Tal como comeza a ser tradición, o último xoves de mes, 27 de abril ás 20:00, na Taberna Lume e Ferro, terá lugar o 3º dos eventos que conforman o Poetry Slam Carral 2023.

Os únicos requisitos que se precisan para participar no evento son os de ter un poema orixinal de creación propia e que este se poida recitar nun límite de 3 minutos, sen que a persoa que recite leve ningún tipo de disfraz nin artefacto. O xurado, composto por membros do público que asista, elixirá o gañador ou gañadora deste primeiro encontro que estará clasificado para a grande final que pechará esta primeira tempada do Poestry Slam Carral.

O gañador ou gañadora desta edición, unirase a Lugía Ugarte (@debajodelapalmera) e a Alba Rodríguez García, na gran final que se realizará en setembro. Esta última, como gañadora do anterior evento, actuará en calidade de poeta de calibraxe.

Nesta ocasión, o acto contará coa actuación especial de Samuel L. París que compartirá cos asistentes a súa poesía. Samuel L. París, ademais de ser un poeta con multitude de obra publicada e tamén distribuída a través do seu blog pararaparis.wordpress.com), dirixe e presenta o programa “A Catapulta” en colaboración con O Salto Galiza e El Salto, no que conversa con poetas e persoas relacionadas co mundo da poesía e que se pode seguir a través de Twitch e de Youtube.

 

As prazas para apuntarse a este evento xa están cubertas, pero segue aberta a lista de agarda a través do correo: aeclacrar1@gmail.com. As persoas que formen parte desta lista de agarda terán prioridade para inscribirse no seguinte evento que terá lugar o próximo 25 de maio.

ÚLTIMAS

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Detido na Coruña un home acusado de malos tratos tras un altercado cos seus fillos

Un home foi detido na madrugada deste domingo na Coruña por un delito de...

Silvio Rodríguez fai cantar ao Coliseum da Coruña nun reencontro co público galego

O Coliseum da Coruña encheuse por completo na noite deste sábado para recibir de...

Unha explosión nun quentador deixa ferida a unha muller

Unha muller resultou ferida de carácter leve tras rexistrarse unha explosión no quentador da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here