InicioMOV. SOCIAISPersoas internas do CIS coñecen o ocio saudable da man da Fundación...

Persoas internas do CIS coñecen o ocio saudable da man da Fundación Érguete e o alumnado da UDC

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Saír dos círculos é un dos grandes perigos no camiño da reinserción. A realidade que se vive nas prisións do país sinala que hai colectivos moi concretos de persoas que medran en microsociedades nas que se naturaliza o delito, a delinciencia, mesmo a prisión.

E para saír de aí, o último paso é crucial. Unha vez que as persoas internas ten pasado a primeira parte da condena en medio pechado (no caso da Coruña na prisión de Teixeiro), cunha vida tremendamente dirixida; a persoa interna afronta o último tercio da condena en medio aberto (no CIS ou Centro de Inserción Social da Coruña), coa posibilidade de ver a vida real. E nese proceso, volver aos círculos que te levaron a delinquir provoca unha alta porcentaxe de reincidencia, o gran cabalo de batalla do sistema penitenciario.

Xa nolo contaban as técnicas da Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”. E nesa liña a entidade traballa, desta volta, man a man co alumnado da UDC, para ensinarlles que existe outra vida, outras alternativas de lecer, de ocio, de divertimento… sen ter que caer no mesmo de sempre.

Esta semana, a Fundación Érguete acompañou a unha serie de usuari@s do CIS ata o campus de Elviña, para participar nunha actividade de ocio saudable co alumnado de Educación Social da Universidade da Coruña, no marco do Programa Itínere.

Da colaboración que se iniciou no primeiro cuatrimestre, no marco da proposta de Aprendizaxe e Servizo da Rede Acampa 2023 “Odio e Convivencia”, coa exploración dos “Discursos de odio a través da cartografía corporal” nace unha nova actividade organizada por alumnado da materia “Recursos e estratexias para a intervención no tempo libre” do grao de Educación Social.
A actividade concretouse nunha yinkana con diferentes actividades que incluían mímica, música, quebracabezas e ata xogos de adiviñas. O entorno ao aire libre axudou a xerar un ambiente propicio para disfrutar dunha tarde chea de humor e deixar en evidencia alternativas dun ocio san e máis beneficioso para as persoas usuarias.

“Unha vez máis somos conscientes da importancia de utilizar os recursos que nos brinda a comunidade, neste caso a Universidade, co obxectivo de que os aprendizaxes sean bidireccionais e aporten a todas as persoas implicadas nos procesos. Dende a entidade están encantados e desexando poder repetir a experiencia”, explican dende a Fundación.

 

MÁIS NOVAS

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here