InicioCULTURAVolve á Coruña o festival Vibra Balboa

Volve á Coruña o festival Vibra Balboa

Publicada o

Por José Barros Blanco

A Sala Garufa acollerá o vindeiro 16 de maio a presentación do festival Vibra Balboa, un encontro musical impulsado en 2012 polos integrantes do grupo de música coruñés Chotokoeu.

A organización explica que para presentar a que será a 6ª edición, levarán a cabo unha festa coincidindo coa véspera do Día das Letras Galegas, nunha noite de folk e música tradicional, “propostas pouco habituais nas salas de música coruñesas e que reivindican o seu espazo na escena musical e cultural da cidade”.

A partir das 22:00 horas actuarán De Ninghures, un dos grupos referentes do “novo folk galego” e Covagueira, grupo nacido na famosa Escola de Gaitas de Ortigueira cunha proposta de folk instrumental. Ademais, haberá varios momentos para a “foliada” coas agrupacións Os do Xalo e Pandeireperras, que aseguran unha noite chea de bailes e festa, nunha das emblemáticas salas de música da Coruña.

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here