InicioBARRIOSO novo campo de fútbol de Eirís está rematado antes de que...

O novo campo de fútbol de Eirís está rematado antes de que remate o ano

Publicada o

Por editor

A desfeita de campo que había en Eirís, ao carón da Avda. Lamadosa, un perigo para os xeonllos de todo deportista, será solventada. Comezaron os traballos para instalar céspede artificial nun campo que ademais verán ampliada a súa superficie baixo as premisas da FIFA (pasa de 80×53 m a 90×50,25m), polo que poderá albergar competicións.

Para iso tamén se construirá unha nova área de vestiarios na zona leste, con 4 vestiarios, unha oficina e un almacén para o Club Eirís SD, tres aseos e un local para o material deportivo.

A maiores, tamén se dotará o campo con catro torres de iluminación (con catro proxectores en cada unha delas), e disporanse dous bancos para fútbol-11 e catro para fútbol-7.

O prazo previsto para a execución das obras é de 8 meses.

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here