InicioMOV. SOCIAISPiden a retirada dos 400 símbolos franquistas que hai na provincia da...

Piden a retirada dos 400 símbolos franquistas que hai na provincia da Coruña

Publicada o

Por editor
A provincia da Coruña mantén a día de hoxe, 84 anos despois de rematada a Guerra Civil, un total de 400 símbolos franquistas, 38 na deputación, 169 no concello da Coruña, 52 en Santiago, 47 en Ferrol, 16 en Betanzos ou 10 en Ortigueira. Por iso, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña 2007-2011, remitiu un escrito este luns , 8 de maio, ao organismo provincial sobre a eliminación da simboloxía franquista.
É o terceiro escrito sobre o tema, após os anteriores en 2018 e 2019“, apunta Monge que acalara que é o terceiro escrito deste tipo que presenta e que o fai como sociólogo, investigador dos restos do franquismo e como vítima do fascismo. Nel pide que se elimine esta simboloxía antes das eleccións municipais do 28M.
Tamén lembra que a deputación está informada xa da existencia desa simboloxía franquista e denuncia o incumprimento de acordos e das leis vixentes. “A Deputación da Coruña non cumpre os seus propios acordos, nin os acordos do Parlamento Galego e tampouco cumpre coa Lei de Memoria Democrática”, critica. “Considero que esta situación é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación da Coruña, unha desidia, un desprestixio da democracia e unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo”, engade.
Monge recolle unha relación dos 38 símbolos franquistas, con especial atención aos militares que organizaron o golpe de Estado na Coruña en 1936 (Enrique Cánovas Lacruz, Gobernador Militar, Luis Tovar Figueras, Xefe do Estado Maior, Pablo Martín Alonso, Coronel do Reximento Zamora número 8 e Florentino González Vallés, Tenente Coronel da Garda Civil), que son Fillos Adoptivos e Predilectos da provincia desde xaneiro de 1937 e que aínda conservan hoxe esas distincións. Inclúe tamén unha análise comparativa do que se fai noutras institucións para acabar coa simboloxía franquista.

ÚLTIMAS

Un cento de ultras do Málaga C.F. provocan altercados nas inmediacións de Riazor

Un cento de ultras do Málaga provocaron altercados durante a noite deste sábado nas...

As protectoras de animais buscan axuda social para coidar as colonias felinas

O pleno do pasado xoves, despois das leas partidistas, tomaban a voz os barrios...

A Coruña á espera de informes sobre a posible declaración de mercado tensionado

Os concellos da Coruña e Santiago atópanse á espera de informes sobre a posible declaración das...

A fermosa colaboración entre CEEPR Lourdes e o CIPF Paseo das Pontes na formación profesional

O que fai o CEEPR Lourdes Aspronaga en materia de inclusión cos seus usuarios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here