InicioA CORUÑAOs terreos de Defensa na Coruña servirán para construír 88 vivendas sociais

Os terreos de Defensa na Coruña servirán para construír 88 vivendas sociais

Publicada o

Por europapress

O Estado construirá 88 vivendas sociais na Coruña nos terreos de Defensa solicitados polo concello, segundo informa o goberno local. As novas edificacións estarán na Maestranza e Adelaida Muro.

Así o notificou o Goberno central ao consistorio, explica este último que precisa que o Ministerio de Defensa cederá estes terreos ao de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que será o responsable de acometer os travajos a través do Sepes, a entidade estatal do chan.

O Concello solicitoulle ao Estado a construción de vivendas nestas parcelas ao ser as únicas da súa titularidade na cidade que reúnen as condicións para uso residencial.

No caso da Maestranza, os informes técnicos indican que a edificación no solar situado no número tres da rúa que cederá Defensa ao Mitma non afectaría os restos arqueolóxicos da antiga muralla da Coruña atopados no terreo.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...