InicioECONOMÍAAdmiten a trámite unha demanda contra 12 bancos por cobrar comisións de...

Admiten a trámite unha demanda contra 12 bancos por cobrar comisións de apertura de hipotecas

Publicada o

Por europapress

O Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña admitiu a trámite a demanda colectiva presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) que reclama a doce entidades financeiras a devolución de comisións cobradas de forma “indebida” aos seus clientes pola apertura de créditos hipotecarios e os intereses xerados desde a súa firma.

A querela está dirixida contra Abanca, Banco Sabadell, Banco Santander, Bankia, Bankinter, BBVA, Caixabanc, Ibercaja Banco, Kutxabank, Novo Banco, Unicaja Banco e Caixa Rural Galega, segundo explicou Acouga nun comunicado remitido aos medios este mércores no que anima ás persoas posiblemente afectadas a sumarse á denuncia.

A asociación demandante pide a devolución da contía que a entidade prestamista introduce como cláusula de apertura na escritura da hipoteca “só polo feito” da súa concesión e que oscila entre o 0,5% e o 1% do total, o que en termos absolutos varía entre os 750 e os 1.200 para cada consumidor.

A comisión de apertura non obedece a gasto ou servizo ningún que o consumidor teña que retribuírle ao banco pola xestión da hipoteca“, sinalou o secretario xeral de Acouga, Xoán Antón Pérez-Lema, que entende que a reclamación vai na liña coa doutrina fixada polo Tribunal de Xustiza da UE en 2020 que determina que esta comisión “non é unha condición esencial do préstamo”.

Acouga estima que podería haber uns 4 millóns de clientes bancarios afectados polo cobro destas comisións, polo que considera que a demanda será “unha das máis importantes de España e a maior de Galicia” en defensa dos dereitos dos consumidores.

A asociación sinalou que poden sumarse reclamantes de toda España a pesar de estar presentada ante un xulgado coruñés. Ademais, considera que a sentenza do TJUE de marzo de 2023 que outorga aos xuíces de cada país a controlar a transparencia destas cláusulas determina que existe un desequilibrio entre as partes “cando o banco non demostra que a comisión de apertura responde a servizos efectivamente prestados e a gastos nos que incorrese”.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide a máxima pena para os acusados polo crime de Samuel Luiz

A Fiscalía Provincial da Coruña, na súa Sección de Delitos de Odio e Discriminación,...

As Festas de Monte Alto reivindicaron o papel social das cidades

Reindicativas as Festas deste mes de outubro de Monte Alto. Esa especie de praza...

Rescatado un home que caeu nunha silveira en Oleiros

Os servizos de emerxencias tamén tiveron coñecemento dun home que caeu nunha toxeira nunha zona...

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...