InicioA CORUÑAEn marcha o proxecto para crear un Centro de Atención Continuada no...

En marcha o proxecto para crear un Centro de Atención Continuada no antigo Padre Rubinos

Publicada o

Por editor

Esta mañá de mércores 10 de maio celebrouse unha nova Xunta de Goberno no Concello da Coruña. Ademais de aprobar a urbanización da última parcela libre de náutica e aprobar o proxecto de reposición de legalidade dun edición sobre o que pesaba unha orde de derrubo, a Xunta aprobou a licitación das obras correspondentes á primeira fase de reforma no local que acollerá o centro de baixa esixencia da Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Un proxecto enmarcado no convenio subscrito en abril do ano 2021 entre o Concello e a Institución segundo o cal a Administración local asumiu, en forma de cesión, as instalacións do albergue —unha superficie de case 2.000 metros cadrados—, baixo o compromiso de construír unhas instalacións que cumpran os requisitos fixados para establecer un Centro de Atención Continuada, co obxectivo de dar servizo a 29 persoas en risco de exclusión social.

Para iso asumirase a reforma da planta baixa e o semisoto do edificio do antigo albergue. Os traballos, unha vez que se adxudiquen e se poñan en marcha, contarán cun orzamento de 752.000 euros, e será cofinanciada nun 80 % con fondos europeos FEDER.
Xa posteriormente, coas obras correspondentes á segunda fase, acadarase espazo para 16 persoas máis, ata chegar ás 45 previstas.

ÚLTIMAS

Arrincaron as obras do demandado Parque Vixía

Dende 2023, cando a proposta da ANPAS do barrio gañaron un dos proxectos dos...

Unha rúa para os Diplomáticos de Monte Alto para cumplir ademais coa Lei de Memoria Histórica

A pesar do voto en contra do PP, a Comisión de Honras e Distincións...

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here