InicioCULTURAA líder do grupo Ialma, Verónica Codesal, presenta o novo disco "100...

A líder do grupo Ialma, Verónica Codesal, presenta o novo disco “100 Voltas”

Publicada o

Por Alejandra Plaza

Verónica Codesal, a talentosa pandeireiteira e cantante belga de raíces betanceiras e líder do grupo Ialma, ten o pracer de anunciar o lanzamento da súa última produción musical, o disco titulado “100 Voltas”. Ademais, en homenaxe ao 20 aniversario do 2º posto obtido por Urban Trad en Eurovisión, destaca unha nova versión do seu exitoso tema “Sanomi” coa colaboración especial de Mercedes Peón na percusión.

“100 Voltas” é un proxecto que rende homenaxe á cultura e tradición galegas. Concibido como un elemento vivo en constante evolución, este disco combina a esencia do pasado con elementos contemporáneos e instrumentos diversos, ofrecendo un repertorio que fará as delicias de todo tipo de público. Para a súa creación, o disco contou coa colaboración de destacadas poetas galegas como Lucía Aldao, Rosalía Fernández, Yolanda Castaño ou Brais Fernández.

A xira de presentación de “100 Voltas” comezará en Galicia e contará coa participación dos compañeiros de toda a vida de Verónica Codesal: Didier Laloy (acordeón diatónico), Damien Chierici (violín) e Boris Tchango (percusión e batería). Ademais, para celebrar o aniversario de “Sanomi”, a canción que lles permitiu acadar o segundo posto en Eurovisión, Verónica Codesal, Didier Laloy e Damien Chierici gravaron unha versión actualizada da canción na que o compositor orixinal, Yves Barbieux, participa como invitado especial. Esta nova versión sairá o 10 de maio, xusto antes de Eurovisión 2023, e será unha oportunidade para anunciar o próximo lanzamento de “100 Voltas”.

O disco estará dispoñible antes do verán e presentarase no Festival Het Lindeboom de Francia o 22 de xullo, en Compostela o 30 de xullo e no Foyer Culturel de Bélxica o 29 de setembro. O goberno belga, a través da Fédération Wallonie-Bruxelles, Services des Musiques, patrocina e apoia este prometedor novo traballo musical, “100 Voltas”.

ÚLTIMAS

“1906. A forza de Hércules”, premiada no concurso escolar de cancións en lingua de signos

A Cidade da Cultura acolleu a entrega do premio do Concurso Escolar de Cancións en...

Novo pasiño para o Centro de Santa Lucía

Trala aprobación da Xunta, o Concello da Coruña informou hoxe da aprobación do proxecto...

Rexeitamento da CIG ao proxecto de universidade privada presentado por CESUGA

A CIG mostra o seu firme rexeitamento ao proxecto de universidade privada que presentou...

Aparece o corpo dun home dentro dun colector de papel na zona de Penamoa

O corpo dun home apareceu este mércores dentro dun colector de papel na Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here