InicioDEPORTESTomen decisións!

Tomen decisións!

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 36 (14/05/23)
  • Linares – Depor (3 – 2) – 4º clasificado, en playoff de ascenso
  • 29º partido de Oscar Cano (14V 9E 6D), a 6 puntos do líder Racing de Ferrol

— —

É un sentir unánime na afección do Depor que pase algo nas próximas horas. Son moitas as voces que despois da derrota de onte en Linares piden que ocorran cousas. Vamos, que boten dunha vez a este adestrador e que se comece a gañar tempo de cara ó playoff.

Sobran os motivos para trocar de adestrador a estas alturas. A gran débeda deste Depor é unha cuestión mental, urxe recuperar unha faceta fundamental para competir e xa se demostrou no pasado que este cambios son efectivos. Cano xa está completamente amortizado, xa non ten o mando do vestiario, perdeu toda capacidade de convencer a afección e todo indica que a directiva tomará a decisión da súa destitución da cara á próxima fin de semana. Os erros deste home dan para moitos análises e xa haberá tempo de facelo, pero agora importa aproveitar á bala que resta.

Porque resta unha bala en forma de playoff e agora só se pode pensar nel e centrar esforzos nos seis encontros que restan. Comeza unha temporada de media ducia de partidos. Hai por diante dúas semanas para preparar ás mentes e poñer foco no playoff. Coidar os tocados e lesionados, dar descanso os máis titulares e refrescar as mentes dos xogadores e lograr un enganche extra da afección. As opción están intactas, pero é necesario que os que manden tomen decisión.

 

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

A Coruña demostra que a vivenda é a máxima preocupación da sociedade cunha gran mobilización

Gran manifestación a vivida esta pasada tarde de sábado. Entre 10.000 e 20.000 persoas,...

O Circo de Artesáns acolle esta tarde unha mesa sobre a sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galica, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía...

O Concello dixitalizará as colonias felinas da cidade

O concello avanza un novo modelo de xestión das colonias felinas da cidade. Así...

Un home agride na Coruña a dúas técnicas de emerxencias e a un vixiante do Chuac

Un home agrediu na Coruña a dúas técnicas do servizo de emerxencias 061 e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here