InicioA CORUÑAO Goberno autoriza licitar por 18,2 millóns as obras de ampliación de...

O Goberno autoriza licitar por 18,2 millóns as obras de ampliación de Alfonso Molina

Publicada o

Por europapress

O Consello de Ministros autorizou, na súa reunión de hoxe e a proposta do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), a licitación do contrato de obras ampliación de Alfonso Molina, na Coruña (Galicia), por un valor estimado de 18,2 millóns de euros.

Esta actuación, informa o Ministerio, ten como principal obxectivo a mellora da funcionalidade, a capacidade e a seguridade viaria dunha avenida pola que pasan 160.000 vehículos diarios.

Para iso, foron proxectadas novas vías de servizo laterais en ambos os sentidos de circulación que permiten reordenar os accesos existentes, sendo necesario repor as dúas pasarelas peonís afectadas que cruzan a avenida.

Por último, completarase o movemento da ligazón de Ponte da Pedra cara á AC-10 (porto) e barrio de Matogrande, desde o centro da cidade.

O investimento total do proxecto, segunddo o Concello, ascende a 23,9 millóns e euros e un prazo de execución de 24 meses.
A primeira parte das obras, a pasarela de Pedralonga, en Alcampo, xa comezaron o pasado mes de maio

Máis info

 

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...