InicioBARRIOSA Parva reflexiona sobre educación co profesor Javier Pérez Carrasco

A Parva reflexiona sobre educación co profesor Javier Pérez Carrasco

Publicada o

Por editor

A Parva, a cantina do mercado de San Agustín, acolle este venres, día 19, ás 18.30 horas, a presentación do libro “De la escuela y sus delirios”, do profesor xubilado Javier Pérez Carrasco, unha reflexión sobre a función da escola e as derivas educativas das últimas décadas no estado español. A entrada será de balde ata completar aforo.

O profesor falará dun deses temas que xeran crispación entre as diferentes cores políticas, como se comproba analizando as 8 diferentes Leis Orgánicas de Educación aprobadas no estado español dende 1980.

Ao longo das súas tres décadas de experiencia docente en distintos institutos de Galicia, o autor fíxose unhas cantas preguntas sobre o seu traballo. As reflexións que tirou tratando de contestalas deixounas por escrito en De la escuela y sus delirios: que significa exactamente ser adolescente; como afecta á educación tratar de adaptarse á última moda pedagóxica; que implicacións ten a incorporación, cada vez maior, de pantallas nos centros docentes.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here