InicioA CORUÑAOlladas doutro tempo: San Francisco e A Maestranza

Olladas doutro tempo: San Francisco e A Maestranza

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

Costa áspera, rochosa, murallas en ruinas que bordean ós cantís asomándose ó mar a modo de balcón. Á esquerda, un ábside con contrafortes e arcos apuntados amosa o pasado medieval desta zona. Antes este espazo chamábase Campo do Santo Espírito, por unha pequena e desaparecida capela. Agora chamámoslle Xardíns da Maestranza, polo edificio que aparece no centro da imaxe, ó fondo. A Real Maestranza de Artillaría era unha instalación construída no século XVIII para fundir as pezas artilleiras que poidesen defender a cidade. Tamén alí reparábanse tanto os canóns coma as súas cureñas, ou gardábanse da intemperie en tempos de paz. Hoxe en día é o Reitorado da Universidade da Coruña.

O edificio gótico que observamos na esquerda da fotografía é a igrexa de San Francisco. Formaba parte dun convento bastante extenso, con dous claustros, o cal facía ás veces de hospedaxe para visitas de alto nivel. Aloxáronse alí personaxes tan ilustres coma Xoana de Castela -inxustamente chamada a tola–  Carlos I, Felipe II, Fray Bartolomé de las Casas ou Lope de Vega. Pero da igrexa de San Francisco tan só queda alí a súa pegada, o debuxo no chan do percorrido das súas naves. Aínda que podemos ver parte do pavimento dos claustros do convento e restos dun pozo do século XIV. A que segue enteira é a torre de campás, adosada á capela da Orde Terceira.

O convento desamortizouse no século XIX, pasando por moi diversos usos, coma cárcere, fábrica de sombreiros ou cuartel. Os franciscanos voltaron á cidade a meiados do século XX e  solicitaron o traslado da igrexa ós seus novos terreos de Santa Margarida. Esta suposta reconstrución pedra por pedranon foi tal, e o que quedaba do edificio orixinal sufriu modificacións, cun resultado máis que discutible. Teremos que conformarnos hoxe en día con poder ver en Paseo das Pontes a beleza dese ábside oxival que aparece na fotografía.

O artista que capturou esta vista a principios do século XX, o coruñés Pedro Ferrer (1870-1839), foi un dos pioneiros e tamén un dos mellores fotógrafos que retrataron a nosa vila en toda a súa historia. Moi polifacético: fotógrafo, grabador, propietario da papelería Ferrer na rúa Real, e tamén empresario musical, productor dos primeiros discos de música galega. Gracias a él apreciamos esta mistura de costa salvaxe adornada cunhas murallas que xa tiveran tempos mellores. Pero Ferrer non vería a evolución da zona, non viviu como o mar separaríase deses muros de pedra ó tempo que un borde marítimo artificial con carrís asfaltados, bancos, farolas bermellas, semáforosiría envolvendo a cidade e deixando esas rochas no olvido. O paseo marítimo abriu Coruña ó mar. Foi unha obra enorme, importantísima, que cambiou a forma de ver a nosa cidade e a propia mentalidade dos coruñeses. Ata os anos oitenta Coruña miraba cara dentro, dáballe ás costas ó mar, coma se aínda tivéramos que nos defender dos perigos que viñan por él. Ó longo dos anos noventa pasouse ó outro extremo: agora a nosa cidade séntese privilexiada de verse rodeada polo Atlántico, e disfruta case con fachenda do paseo marítimo urbán máis longo de toda Europa.

Tamén nos anos noventa cambiaría a fisonomía do que estaba dentro das murallas. Dun lugar rebosante de instalacións militares pasaríase a un espazo de lecer, verde, aberto e tranquilo que vai dende a parte traseira do museo militar ata o Reitorado: os Xardíns da Maestranza. Eses muros e baluartes que convertían Coruña nunha praza forte vénse agora totalmente fóra de lugar. Eles seguen alí, pero xa non son protagonistas, case pasan desapercibidos porque todo o demáis cambiou ó seu redor. A cidade fortificada é unha imaxe perdida.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO

ÚLTIMAS

O 60.622, último quinto premio, vende unha serie de 60.000 euros na Coruña

O número 60.622 resultou agraciado co último do oito quintos premios do Sorteo Extraordinario...

Os Cantos de Taberna, máis vivos que nunca en Monte Alto

Vive a música tradicional un proceso de rexeración tremendamente interesan. Dende a sombra nesta...

Aberto ao trásito peonil a meirande parte de San Andrés

Adiantan os prazos os traballos de reurbanización da rúa de San Andrés (esperan que...

A Coruña prorroga os orzamentos para 2025 tras non chegar a un acordo PSdeG e BNG

O goberno local da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, a prórroga dos orzamentos para 2025 tras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here