InicioSOCIEDADEO CHUAC realiza unha operación pioneira en Galicia dun cancro de páncreas...

O CHUAC realiza unha operación pioneira en Galicia dun cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

Publicada o

Por europapress

Os membros do equipo de cirurxía xeral do Complexo Hopitalario Universitario da Coruña (Chuac) extirparon por primeira vez en Galicia un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica. A paciente, unha muller de 60 anos, foi dada de alta e evoluciona de forma “moi satisfactoria” no seu domicilio, segundo informaron fontes hospitalarias.

O médico adxunto do servizo de cirurxía xeral do Chuac Javier Aguirre explicou que esta operación chamada duodenopancreatectomía cefálica é a técnica cirúrxica “máis complexa” de toda a patoloxía hepato-biblio-pancreática. O doutor sinalou que “normalmente” se realiza mediante cirurxía convencional aberta e de “forma máis excepcional”, con lamparoscopia.

Nesta ocasión, o equipo do Chuac utilizou as vantaxes que proporciona o robot Davinci para levar a cabo esta técnica por primeira vez en Galicia. Aguirre destacou que este aparello “magnifica ata dez veces o campo visual”, ofrece unha visión “fantástica e moi estable” e elimina “totalmente” o tremor das mans do cirurxián.

Outra das vantaxes máis importantes do robot, segundo recalcou o doutor, é a capacidade de xiro de “case 360 graos” das súas pinzas. Esta robotización da cirurxía lamparoscópica pódese aplicar en calquera das cirurxías endoscópicas. No caso do Chuac, optaron por aplicala nas de alta complexidade como a de cancro colorrectal, dixestivo ou pancreático.

ÚLTIMAS

O PSOE de Culleredo advirte ao BNG que a cidadanía apostou por “forzas progresistas”

O PSOE de Culleredo mostrou a súa "total disposición" para alcanzar "o mellor acordo...

A única praia canina da Coruña, a máis contaminada de Galicia

O pasado mes de marzo o goberno local aprobaba a calificación da primeira praia...

O PSOE e o BNG, dispostos a garantir un goberno “progresista” na Coruña

A alcaldesa en funcións da Coruña, a socialista Inés Rey, e o candidato do BNG á...

Novo equipo de drones para a Policía Local da Coruña

A Policía Local da Coruña dispón dun novo equipo de drones, que exhibiu na conmemoración da...