Cheira a lume e sardiña xa pola cidade. O arrecendo a San Xoán vai invadindo os barrios, todos xa coa mente posta nunha das festas máis auténticas da cidade. Unha festa que se concentra na noite máxica do 23 de xuño, pero que ten unha marea de actividades paralelas.
Coas herbas de San Xoán xa listas, preparamos a axenda.
Noite de San Xoán
Espéranse arredor das 150.000 persoas na contorna das praias de Riazor e Orzán para a noite máis singular do ano. Para evitar problemas hai preparado un completo dispositivo de seguridade. Haberá cortes de tráfico no paseo marítimo dende as 19.00 horas, cando o Concello comece a repartir madeira; e o baño estará prohibido desde as 22.00 horas. Ás 6:00h desaloxarase as praias para realizar a limpeza.
Fogueiras na praia, a falla de Riazor, os fogos dende o paseo, barbacoas nos barrios… moitos xeitos de disfrutar esta noite máxica.
Programa de Barrios
Arrinca unha semana infantil: Ruada das Xoubas
Hoxe venres 16, os Xardíns de Mendez Núñez abren a serie de actividades para toda a familia preparadas para esta semana para completar o San Xoán no marco da Ruada das Xoubas. Faino cun obradoiro e o concerto infantil de Peter Punk a partir das 18:00h.
O sábado hai actuacións para os peques en varios sitios, pero a gran cita será no parque de Santa Margarida coa clásica sardiñada popular. A sardiñada popular comezará ás 19.00 horas e está previsto que remate arredor das 23.00 horas. Repartiranse 500 quilos de sardiña fresca, o equivalente a unhas 3.500 racións. Cada ración terá un prezo de 1 euro, e inclúe sardiñas, pan e bebida. Ademais, e desde primeira hora, gaiteiros pertencentes á Asociación Cultural Xacarandaina amenizarán o evento. Xa posteriormente, está prevista a actuación dun DJ como peche do evento.
O anfiteatro estará cheo durante toda a tarde, dende as 18:00h coa foliada infantil con Xacarandaina, Son D’Aquí e San Pedro de Nós. Xa ás 21.30 horas, o grupo Lagharteiras actuará en concerto. A foliada continuará a partir das 22.30 horas con diversos grupos das asociacións Xacarandaina, Donaire, Santaia de Santa Cruz, Abaladeiras de Muxía, Santiaguiños de Boimorto, Cantigas e Agarimos de Santiago, Arume de Caión, Alxibeira de Narón e Carcaxía de Malpica.
As celebracións continuarán este domingo 18 pola mañá
Este domingo, e a modo de clausura, terá lugar a Romaría do Lecer, un festexo que comezará no parque ás 12.00 horas, e no que a Asociación Cultural Xacarandaina, co apoio do Concello, protagonizará diversas actividades de baile e música, ideadas para todos os públicos e con asistencia de balde.
Ao longo da semana, máis talleres, concertos, teatro, obradoiros…
#Coruña | A Ruada das Xoubas 2023: vintedúas citas para disfrutar do #SanXoán 🔥 nas rúas da cidade.
👉 Talleres, concertos, teatro, obradoiros e todo o espíritu de San Xoan repartidos por toda a cidade.
➡ https://t.co/ItASnmoiTS pic.twitter.com/kEXJs9s6St
— Silcerino (@silcerino) June 14, 2023