InicioCAMBRE3 anos de prisión para un veciño acusado de traficar en Cambre...

3 anos de prisión para un veciño acusado de traficar en Cambre durante o toque de queda da COVID

Publicada o

Por editor

Era 18 de febreiro de 2021, cando a Garda Civil detiña unha persoa que camiñaba á altura do km. 7 da N-550 (por Cambre), quebrantando o toque de queda vixente naquelas datas debido á COVID-19.

Os axentes dábanlle o alto e, ao cachearlle, atopáronlle, nunha mochila que portaba, chisqueiros, pipas, dúas navallas e un cúter, así como unha carteira con 579,92 euros. Os funcionarios tamén rexistraron o vehículo no que se movía e, dentro do forro da súa cazadora, que estaba no asento do copiloto, atoparon pequenas bolsas heroína, cocaína e metadona, que terían un valor no mercado arredor dos 400 euros. “As pesadas exceden do consumo medio diario, aínda considerando unha provisión para varios días, sen que o informe achegado pola defensa aclare a unha efectiva condición de drogodependente, a que substancias depende, pautas ou doses de consumo”, salienta o tribunal no fallo.

Deste xeito, sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos de cárcere e ao pagamento dunha multa de 500 euros ao home, se ben a resolución non é firme, pois contra ela que cabe presentar recurso.

ÚLTIMAS

O Goberno comprométese ante cooperativistas de Xuxán a garantir o “cáracter social” das vivendas

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, trasladou a cooperativistas do barrio coruñés...

Mar de Fábula celebra a Semana dos Océanos con dúas limpezas colaborativas e sociais en Riazor e Camelle

O Día dos Océanos é un día marcado no calendario da comprometida Asociación Mar...

Moblizacións contra o ERE fraudulento presentado por Teleperforman/Vodafone

Continúa o sector da atención telefónica en grave crise laboral. Ás mobilizacións das traballadoras...

A asociación LGTBI+ Alas Coruña recibiu o premio Pedro Zerolo

A asociación LGTBI+ Ás A Coruña foi galardoada co premio Pedro Zerolo pola súa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here