InicioSOCIEDADEHablamos Español traslada a polémica de "Sangenjo" a "La Coruña" cun novo...

Hablamos Español traslada a polémica de “Sangenjo” a “La Coruña” cun novo valado

Publicada o

Por editor
Hablamos Español, a entidade que dirixe Gloria Lago, ex presidenta de Galicia Bilingüe, comezou unha campaña con valados en diferentes concellos de Galicia co obxectivo de “desgaleguizar” a súa toponimia oficial. “A nosa campaña é para dar visibilidade aos topónimos en español que ao longo dos últimos anos foron desaparecendo da vida oficial. Trátase de nomes de lugares de longa tradición, como Biscaia, Xirona, Ourense ou Eivissa”, critica a entidade.
Dentro desta campaña, a entidade colcou un valado na Coruña na que se pode ler: “Bienvenidos a La Coruña, ciudad que en gallego es A Coruña”. O mesmo fixo este martes en Sanxenxo, nun valado que durou horas. “Pouco tempo despois de que o valo de Sanxenxo fose instalado, entidades nacionalistas hispanófobas empezaron unha campaña de acoso en redes”, denuncia a entidade.
Unha presión que, segundo critica, obrigou a Alcampo, empresa propietaria do terreo onde está o valo a retirala por outra. “O equipo xurídico de Hablamos Español xa está a traballar. Reaccionaremos de forma contundente e con todas as armas que a lei pon ao noso alcance. O ocorrido onte é un disparate e unha mostra de fanatismo”, critica.
A campaña está sufragada “grazas aos donativos de apoio á mesma de multitude de colaboradores de toda España”, di e co que consiguen do libro “El robo de los nombres de nuestos pueblos. El despropósito de la toponimia en España”.

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga un home por golpear mortalmente a outro

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 3 e 5...

A Xunta sobre o grao de Medicamento na UDC: “Non é o marco adecuado tomar decisións de forma unilateral”

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, pronunciouse este venres sobre...

A veciñanza de Celas esixe unha simple beirarrúa para poder saír andando das casas

Cansada está a veciñanza de Celas, en Culleredo, por ter que xogarse a vida...

A Casa das Ciencias cumpre 40 anos mirando ao futuro

A alcaldesa da Coruña Inés Rey, presidiu este venres o acto conmemorativo polo 40...

2 COMENTARIOS

  1. O colonialismo nom é só económico e social, também é ideológico. Para mostra, esta campanha. Fam-na na Galiza, mas em Euskadi ou Catalunya só fariam o ridículo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here