InicioCULTURAAs Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Emerxe o Orgullo LGTBIQ+ na Coruña a ritmo de música. Días nos que a diversidade toma a cidade, e toda esa xente que na vida diaria se camufla entre o socialmente establecido, saca as súas mellores galas para demostrar que vivimos nunha cidade aberta, a pesar de episodios tan crueis como o do lembrado Samuel.

O Atlantic Pride permite visibilizar toda esa marea de arte que hai detras da liberdade. O festival arrincaba o domingo na Fundación Luís Seoane a base de electrónica con Joe Crepúsculo e Señora Dj.

Un dos puntos que máis interese traía era o concerto do luns. As Fillas de Cassandra volvían á Praza de Pontevedra un ano despois de estrear o Varre Vasoira invitadas polo seu produtor Berto. Contábano elas mesmas, como o comprometido temazo que aspira a parar toda unha guerra, tense convertido en apenas un ano nun himno xeracional. Un tema que exemplifica o auxe dunha parella de rapazas de 20epico que van romper todas as fronteiras coa súa mestura de tradición e música contemporánea.

As viguesas María Soa (1996) e Sara Faro (2001) seguen a estela de bandas como Baiuca ou, por suposto, as Tanxugueiras, e representan ese destape (nunca mellor dito no marco do Orgullo) da evolución música tradicional galega. Rapazas que viviron a tradición dende o berce (nótase en como a pandeireta é unha extensión das súas mans), e que o maridan á perfección (cunha gheada tan suave como marabillosa), coa música que escoitan e bailan dende a adolescencia.


Temazos frescos e divertidos como o “Punheta” (feito con Mondra) mestúranse con outros cantados case a capela como “Dafne e Sirynx”, que relatan crúas historias reais como esta de dúas mozas que “só querían estar soas”.

A química que desprenden no escenario é compartida polos centos de mozos e mozas de toda a comarca que corean o “eco” de cada tema e que disfrutan desa perda de prexuizos dunha cultura galega que está rompendo con todos os estereotipos.

O Atlantic Pride continúa ao longo de toda a semana na Praza e nos Xardíns de Méndez Núñez, con artistas de todo tipo e condición.

Programa completo

programa completo Atlantic Pride 2023 Coruna

ÚLTIMAS

SOS Sanidade Pública chama a unha nova mobilización o 12 de xuño contra a precariedade da Atención Primaria

As listas de agarda cada vez son maiores, e o estado da Atención Primaria...

Detidas 12 persoas en 15 días por roubos con forza en establecimeintos da Coruña

Un total de 12 persoas foron detidas na última quincena de maio na Coruña....

Atopan morta a unha veciña nunha vivenda de Cambre, aínda que non hai indicios de criminalidade

O cadáver dunha muller foi atopado no seu domicilio en Cambre, tras ser alertados...

Aprobado o convenio de financiamento entre Xunta e Concello para licitar o centro de saúde e centro cívico de Santa Lucía

Pasiño a pasiño avanza a eterna rehabilitación do centro de saúde e o centro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here