InicioCAMBREUgly Kid Joe, cabeza de cartel do Rock in Cambre

Ugly Kid Joe, cabeza de cartel do Rock in Cambre

Publicada o

Por editor

Vén de presentar o Concello de Cambre o cartel da XXXI edición do Rock in Cambre, un dos festivais máis lonxevos do xénero na provincia. O evento terá lugar o sábado 5 de agosto e contará co grupo californiano Ugly Kid Joe como cabeza de cartel. 

Dende o Concello salientan que un dos aspectos máis importantes do Rock in Cambre é a presenza das bandas cambresas, dándolles a posibilidade de coñecer o seu traballo e compartir escena con grupos de talla internacional.

Así serán os locais Lost Minnow, Low Gain e Replicantes os encargados de reivindicar o talento local e compartir escenario coa banda estadounidense, ademais dos madriñelos, Sex Museum, Bala, Los Rastreros e ITH.

Os concertos comezarán arredor das 18.00 horas coa actuación de Low Gain. Seguirán Replicantes (19.15 horas) e Lost Minnow (20.30 horas). O resto:

  • ITH (21.35 horas)
  • Bala (22.40 horas)
  • Ugly Kid Joe (00.10 horas). Cambre será una de las dos únicas paradas que el grupo hará en España. 
  • Sex Museum (1.55 horas)
  • Rastreros (3.20 horas) 

Unha das dúas paradas en España dos Ugly Kid Joe

Cambre será unha das dúas únicas paradas que fará Ugly Kid Joe en toda España. Ademais de Rock in Cambre, a banda actuará no festival Leyendas del Rock de Villena.

Ugly Kid Joe é un referente do xénero, interpretando numerosas cancións pertencentes ao hard rock, funk metal, grunge, rock alternativo e heavy metal. No seu repertorio destacan temas como “Everything about you”, “ats in the Cradle” ou “Neighbor”.

ÚLTIMAS

A refinería da Coruña en “servizos mínimos” por unha folga convocada polo STR en todo o Estado

Un grupo de traballadores da refinaría de Repsol na Coruña secundaron unha protesta ante...

Dous detidos por estafar a Lucas Pérez con billetes falsos

Axentes da Policía Nacional detiveron en Madrid dous individuos e identificaron varias persoas máis pola súa...

O comercio de alimentación da Coruña vai á folga este venres contra o “inmobilismo” da patronal

Xornada de loita laboral ás portas da fin de semana. Os sindicatos CCOO, CIG,...

Inés Rey estende a man ao BNG ante o aviso de bloquear os plenos polo “buraco económico” da Coruña

O panorama político no Concello da Coruña encara unha nova etapa de negociacións con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here