InicioA CORUÑAVinte talleres infantís e abertos ao público formarán parte do 'Viñetas desde...

Vinte talleres infantís e abertos ao público formarán parte do ‘Viñetas desde o Atlántico 2023’

Publicada o

Por monchomarino

‘Viñetas desde o Atlántico 2023’ contará na súa 26ª edición cunha vintena de talleres infantís e profesionais abertos ao público, cuxas inscricións se activan a partir deste xoves, 3 de agosto, ás 10,00 horas.

Así, segundo detallou o Concello, búscase diversificar a oferta deste certame, que este ano empeza un novo camiño coa organización directa do consistorio municipal e a colaboración do sector do cómic coruñés.

A mostra internacional de cómic da cidade da Coruña estrea este ano unha nova actividade lúdica orientada ao público infantil: a iniciativa Viñetas Lab, que do 7 a 13 de agosto reunirá un total de 15 talleres para nenas e nenos de 6 a 12 anos no Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez, que estará especialmente decorado parala ocasión.

Ademais, a Biblioteca Durán Loriga acollerá dous talleres infantís de iniciación ao cómic e o taller para nenas e nenos ‘As túas primeiras viñetas’, mentres que a Biblioteca de Estudos Locais porá en marcha un ‘Obradoiro express de novela gráfica’ para profesionais, estudantes de arte e afeccionados ao debuxo.

O público poderá inscribirse nos diferentes talleres, que son de acceso gratuíto cun número máximo de asistentes, a partir do xoves, 3 de agosto, ás 10,00 horas, dos seguintes modos: no caso das Bibliotecas Municipais, chamando por teléfono, acudindo presencialmente ou a través da páxina web https://www.coruna.gal/bibliotecas. No caso de Viñetas Lab. Espazo infantil, as inscricións realizaranse a través do correo electrónico ludidactica@gmail.com.

ÚLTIMAS

O PP denuncia deficiencias no centro cívico do Birloque tras unha reforma dun millón de euros

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña denunciou a existencia de "múltiples...

Mohamed Safa: “Escribo e fago estas conferencias para recuperarmos o relato”

Volvía Mohamed Safa este mércores á AC Alexandre Bóveda, un ano e medio despois...

PSOE e BNG chegan a un principio de acordo para sacar adiante os Orzamentos 2026

O grupo de goberno (PSOE) e o BNG presentaron esta mañá o seu principio...

Un incendio nun piso de Monte Alto obriga a evacuar a varios veciños

Un incendio rexistrado nun edificio da rúa Colón, no barrio coruñés de Monte Alto,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here